From Wikipedia, the free encyclopedia
A dos dictiópteros (Dictyoptera), do grego δίκτυον diktyon 'rede' e πτερόν pteron 'á', é unha superorde de insectos que inclúe dúas ordes existentes de insectos polineópteros: a orde Blattodea (térmites e cascudas)[1] e a orde Mantodea (barbantesas), xunto cunha orde extinta, a Alienoptera. Aínda que todos os modernos Dictyoptera teñen ovipositores curtos, os fósiles máis antigos de Dictyoptera téñenos longos, igual que membros dos Orthoptera.
Dictyoptera Rango fósil: Carbonífero–Holoceno | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Ordes | |||||||||||
Blattodea (cascudas e térmites) |
O uso do termo Dictyoptera cambiou cos anos, e aínda que quedou en gran medida en desuso durante a maior parte do último século, está agora utilizándose máis. Foi xeralmente considerado unha superorde, cuxas tres ordes eran Isoptera, Blattodea e Mantodea. Nalgunhas clasificacións, non obstante, Dictyoptera pasa a ter o status de orde e noutras a clase Isoptera está incluída dentro de Blattodea, mentres se mantén Dictyoptera como superorde. En calquera caso, en todas as clasificacións os grupos constituíntes son os mesmos, pero tratados como categorías taxonómicas diferentes. As térmites e cascudas están moi estreitamente relacionadas, e os datos ecolóxicos e moleculares indican unha relación co xénero de cascudas Cryptocercus.[2][3]
Baseándose nas evidencias xenéticas, os parentes vivos máis próximos dos Dictyoptera son os fásmidos e os enigmáticos grupos Mantophasmatodea e Grylloblattodea. Se os Dictyoptera son considerados unha superorde estas tres ordes deberían incluírse nela.[4]
As relacións evolutivas baseadas en Eggleton, Beccaloni & Inward (2007), son as que se mostran no seguinte cladograma:[5] As familias de cascudas Lamproblattidae e Tryonicidae non se mostran, pero están situadas dentro da superfamilia Blattoidea. As familias de cascudas Corydiidae e Ectobiidae eran previamente coñecidas como os Polyphagidae e os Blattellidae.[6]
Dictyoptera |
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.