Diario 1921
From Wikipedia, the free encyclopedia
Baixo o título de Diario 1921, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao escribiu as impresións que lle produciu unha viaxe de estudos que realizou por Francia, Bélxica e Alemaña durante ese ano para coñece-las últimas tendencias artísticas que se manifestaban ó longo de Europa. A viaxe ocupoulle desde o 26 de xaneiro ata o 10 de outubro (datas da primeira e última anotación). Algúns fragmentos apareceron na revista Nós nos anos 1922 e 1923.[1] Os textos foron incluídos en libro por vez primeira formando parte de Escolma posible (Galaxia, 1964), prologados e seleccionados por Marino Dónega.[2] Como texto independente non se publicou ata 1977 (Museo de Pontevedra e Galaxia) con limiar de Xosé Filgueira Valverde.
Datos rápidos Diario 1921, Autor/a ...
Diario 1921 | |
---|---|
Autor/a | Alfonso Rodríguez Castelao |
Ilustrador/a | Alfonso Rodríguez Castelao |
Cuberta | Alfonso Rodríguez Castelao |
Lingua | lingua galega |
Editorial | Museo de Pontevedra e Editorial Galaxia |
Data de pub. | 1977 |
Páxinas | 326 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar