From Wikipedia, the free encyclopedia
Dhyan Chand, nado en Allahabad o 29 de agosto de 1905 e finado Delhi o 3 de decembro de 1979, foi un xogador de hóckey sobre herba indio, un dos mellores xogadores da historia do deporte.[1] Foi coñecido polas súas extraordinarias proezas goleadoras, e gañou tres medallas de ouro olímpicas en 1928, 1932 e 1936, nunha época en que a India dominou o deporte. A súa influencia estendeuse alén desas vitorias, posto que o país gañou o campionato olímpico de hóckey en sete das oito olimpíadas entre 1928 e 1964. Crese que logo de que a India derrotase a Alemaña na final olímpica de 1936 por 8-1, Adolf Hitler ofreceu a Chand un posto sénior no exército alemán, o que este rexeitou.[2]
Nome orixinal | (en) Dhyan Chand Kushwaha |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 29 de agosto de 1905 Prayagraj, India |
Morte | 3 de decembro de 1979 (74 anos) Delhi, India |
Causa da morte | cancro do esófago |
Educación | Aligarh Muslim University (en) |
Altura | 169 cm |
Actividade | |
Ocupación | xogador de hóckey, autobiógrafo |
Período de actividade | 1922 - 1951 |
Carreira militar | |
Rango militar | Comandante |
Nacionalidade deportiva | India |
Deporte | hóckey sobre herba |
Posición de xogo | Atacante |
Participou en | |
1936 | Xogos Olímpicos de 1936 |
1932 | Xogos Olímpicos de 1932 |
1928 | Xogos Olímpicos de 1928 |
Premios | |
Coñecido como O mago (The Wizard[3][4] ou The Magician[5][6]) do hóckey polo seu soberbio control da bóla, Chand xogou internacionalmente entre 1926 e 1949; marcou 570 goles en 185 partidos segundo a súa autobiografía, Goal.[7] O Goberno da India concedeu a Chand o terceiro honor máis alto para un civil, o Padma Bhushan, en 1956.[8] O día do seu nacemento, o 29 de agosto, celébrase anualmente na India o Día Nacional dos Deportes.
Dhyan Chand continúa a ser unha figura lendaria no hóckey indio e mundial. As súas habilidades foron glorificadas en varias historias e anécdotas apócrifas.
O premio máis importante na india ao mérito deportivo é o premio Dhyan Chand que se outorga anualmente dende 2002 a figuras deportivas que non só contribuíron ao deporte durante a súa carreira senón tamén despois da súa retirada. O Estadio Nacional de Delhi foi rebautizado como Dhyan Chand National Stadium en 2002 na súa honra.[9]
Un internado da Universidade Musulmá Aligarh, da que foi alumno,[10] recibiu o seu nome.[11]
O goberno da India emitiu un selo conmemorativo en honor de Chand. Foi o primeiro xogador de hóckey indio que recibiu esa honra.[12]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.