From Wikipedia, the free encyclopedia
A Deutscher Werkbund (DWB) foi unha asociación mixta de artesáns, artistas, arquitectos e industriais, fundada en 1907 en Múnic. Esta asociación converteuse nun elemento importante no desenvolvemento da arquitectura moderna e do deseño industrial, e especialmente na posterior creación da Escola Bauhaus de deseño.
O seu obxectivo inicial era establecer unha asociación de fabricantes de produtos con profesionais de deseño, mellorando a competitividade das empresas alemás nos mercados globais, principalmente o inglés e o estadounidense. O lema do movemento era Vom Sofakissen zum Städtebau (en galego, desde almofadas de sofás ata a construción da cidade).
Emporiso, existíron crecentes diverxencias entre a artesanía e a produción industrial, xa que algúns dos seus membros, como Hermann Muthesius e Nauman, defendían a estandarización e outros, coma Henry van de Velde e Gropius, eran máis partidarios do individualismo. Este conflito, coñecido como Werkbundstreit, estivo a piques de rematar coa asociación, pero a necesidade xeneralizada de produtos de consumo despois da primeira guerra mundial fixo que moitos aceptaran a necesaria estandarización e produción industrial.[1]
O Deutscher Werkbund xurdiu cando o arquitecto Joseph Maria Olbrich marchou de Viena para Darmstadt (Alemaña), en 1899, coa intención de formar unha colonia de artistas por invitación de Ernest Louis, gran duque de Hesse.[2] Esta colonia foi fundada por Josef Maria Olbrich, Peter Behrens, Richard Riemerschmid e Bruno Paul, entre outros, en 1907 na cidade de Múnic, a instancias de Hermann Muthesius.
A organización orixinalmente incluíu doce arquitectos e doce empresas comerciais. Entre estes arquitectos estaban Peter Behrens, Theodor Fischer, Josef Hoffmann, Bruno Paul e Richard Riemerschmid. Outros afiliados ao proxecto eran Heinrich Tessenow e o belga Henry van de Velde. O Werkbund encomendou a Van de Velde deseñar un teatro para a súa Exposición de 1914 en Colonia. A exposición foi pechada e os edificios desmontados antes da data sinalada polo estalido da primeira guerra mundial. Entre os membros máis destacados de Werkbund estaba o arquitecto Ludwig Mies Van der Rohe, que foi o seu director arquitectónico.
A Deuscher Werkbund estendeuse pronto por Austria, coa formación da Österreichischer Werkbund, e Suíza, coa Swiss Werkbund.[3] Esta primeira etapa duraría ata 1934, sendo disolta na época do Terceiro Reich, e reiniciada unha vez pasada a segunda guerra mundial, no ano 1949.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.