Depósito legal
obriga legal de consignar nun repositorio as obras de creación publicadas From Wikipedia, the free encyclopedia
obriga legal de consignar nun repositorio as obras de creación publicadas From Wikipedia, the free encyclopedia
O depósito legal é a obrigación legal feita a calquera editor de libros ou publicacións de enviar un ou máis exemplares de calquera obra impresa no país a un repositorio específico, xeralmente a súa biblioteca nacional. Esa doazón é normalmente empregada para libros e xornais, mais co avance da tecnoloxía e dos novos medios de comunicación, algúns países xa están alterando as súas lexislacións para incluír filmes, mapas e até mesmo sitios web de Internet.
Na antigüidade, a Biblioteca de Alexandría xa tiña un sistema de depósito legal e modernamente foi Francia a que instituíu o depósito legal en 1537[1]; Inglaterra fundou o depósito legal en 1662[2]. Esta lei existe en varios países, como Alemaña, Brasil, España, Estados Unidos de América e Portugal. Nalgúns deses a doazón de libros ao repositorio nacional é un prerrequisito para pedidos de rexistro de números de ISBN ou para o recoñecemento de dereitos de autoría.
O número de exemplares a seren depositados poden variar, sendo xeralmente entre un e catro, mais algúns países requiren depósitos maiores, como Polonia, que obriga ao depósito de 19 copias de calquera nova obra.
Xeralmente os órganos do goberno tamén son obrigados a obedecer a leis extras de depósito legal, o que pode obrigar os documentos públicos a seren distribuídos a un gran número de bibliotecas para acceso público.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.