![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/ba/Praia_das_Catedrais._Ribadeo.jpg/640px-Praia_das_Catedrais._Ribadeo.jpg&w=640&q=50)
Demografía de Galicia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Galicia conta cunha poboación de 2 699 424 de habitantes, dos que 1 299 064 son homes e 1 400 360 mulleres (datos a 1 de xaneiro de 2023)[2] Contando así cunha densidade de de poboación de 92,18 hab./km², lixeiramente superior á media española e semellante á europea. Galicia é a quinta comunidade autónoma de España por poboación.
![]() | Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Demografía de Galicia | |
---|---|
![]() | |
Xente paseando na praia de Augas Santas, Ribadeo | |
Poboación | 2 707 700 (2017) |
Poboación estranxeira | 103.685 (2011) |
Saldo vexetativo | -24.725 (2010) |
Saldo migratorio | 8.563 (2010) |
Taxa de paro | 14,7 (2017) |
Taxa de natalidade | 8,3/1.000 (2008) |
Taxa de mortalidade | 10,6/1.000 (2008) |
Número medio de fillos/muller | 1,1 (2008) |
Esperanza de vida | 83 anos (2018)[1] |
Xentilicio | Galego, galega |
Datos do IGE |
Con 292.986 habitantes Vigo é o concello máis poboado, seguida pola Coruña con 244.099 habitantes, segundo datos de 2017. A poboación de Galicia concéntrase na súa maioría nas zonas costeiras, sendo as áreas das Rías Baixas e o Golfo Ártabro (áreas metropolitanas da Coruña e Ferrol) as de maior densidade de poboación. Xunto con Vigo e A Coruña, Galicia conta con outras cinco localidades consideradas cidades: Ourense, Lugo, Santiago de Compostela (capital administrativa de Galicia), Pontevedra e Ferrol.
Así mesmo, o país conta con seis concellos con máis de 30.000 habitantes: Narón, Vilagarcía de Arousa, Oleiros, Carballo, Arteixo e Redondela, nove concellos de entre 20.000 e 30.000 habitantes, entre os que destacan Ames, Ribeira e Cangas, e trinta e seis de entre 10.000 e 20.000 habitantes entre os que destacan Monforte de Lemos e Moaña.
O Instituto Galego de Estatística (IGE) é un organismo autónomo da Xunta de Galicia creado no ano 1988, e encargado de promover o desenvolvemento do sistema estatístico de Galicia. Presta servizos de recompilación e difusión da documentación estatística dispoñible, desenvolve bases de datos de interese público, analiza as necesidades e a evolución da demanda de estatísticas e asegura a súa difusión.
Segundo as cifras provisionais do INE para o 2011, a poboación galega situaríase nas 2 772 928 persoas, o que supón unha diminución de 24.725 respecto da mesma data do ano anterior.[3] Canto á poboación estranxeira, esta medraría ata as 103.685 persoas, un 3,7 % da poboación galega.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/b7/Poboaci%C3%B3n2009.gif/640px-Poboaci%C3%B3n2009.gif)