From Wikipedia, the free encyclopedia
Deborah Ann Harry, nada como Angela Trimble en Miami o 1 de xullo de 1945, é unha cantante, compositora e actriz estadounidense, coñecida como a vocalista principal da banda Blondie. As súas gravacións coa banda alcanzaron o número 1 nas listas estadounidenses e británicas en moitas ocasións desde 1979 ata 2017.
(1977) | |
Nome orixinal | (en-us) Deborah Harry (en) Debbie Harry |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (en-us) Deborah Ann Harry 1 de xullo de 1945 (79 anos) Miami, Estados Unidos de América |
Educación | Centenary University (en) Hawthorne High School (en) |
Lateralidade | destro |
Cor do pelo | Louro |
Actividade | |
Campo de traballo | Composición musical |
Ocupación | cantante, produtora, compositora de bandas sonoras, actriz de dobraxe, actriz de dobraxe, modelo, actriz de teatro, actriz de cinema, actriz de televisión, cantautora, compositora, artista discográfico |
Período de actividade | 1968 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Música rock, new wave, Post-bop, rap, música pop, punk rock, Música disco e power pop |
Tesitura | Mezzosoprano |
Instrumento | Voz |
Selo discográfico | Chrysalis Private Stock Records (pt) |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Páxina web | blondie.net |
|
Harry naceu en Miami (Florida),[1] mais aos tres meses foi adoptada por Richard Harry e Catherine (de solteira Peters) Harry[2] e criouse en Hawthorne, Nova Jersey.[3] Despois de asistir á universidade,[4] tivo diferentes varios traballos, como secretaria (incluída na BBC en Nova York[5]), bailarina e Playboy Bunny, antes de abrirse paso na industria musical. Harry fundou o grupo Blondie en 1974 en Nova York. A banda lanzou o seu álbum de debut homónimo en 1976, e lanzou outros tres álbums entre entón e 1979, incluíndo Parallel Lines, que xerou seis sinxelos, incluído "Heart of Glass". O seu quinto disco, Autoamerican (1980), prestou máis atención a Harry e á banda, xerando éxitos como a versión de "The Tide Is High" e "Rapture", este último considerado como a primeira canción de rap que chegou ao número un nos Estados Unidos.[6]
En 1981, Harry lanzou o seu primeiro álbum en solitario, KooKoo,[7] e, durante un parón de Blondie, iniciou unha carreira como actriz, aparecendo en papeis principais no neo-noir Union City (1980) e no filme de terror de David Cronenberg Videodrome (1983).[8] Lanzou o seu segundo álbum en solitario, Rockbird, en 1986, e posteriormente protagonizou o filme Hairspray, de John Waters (1988). Harry lanzou outros dous álbums en solitario ata 1993, despois do cal regresou ao cinema con papeis nun segmento dirixido por John Carpenter do filme de terror Body Bags (1993) e no drama Heavy (1995).
Blondie volveuse a reunir a finais dos anos 90, lanzando No Exit (1999), seguido de The Curse of Blondie (2003). Harry continuou aparecendo en filmes independentes ao longo da década de 2000, incluídos Deuces Wild (2002), My Life Without Me (2003) e Eulogy (2008).
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.