John Carpenter
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
John Howard Carpenter, nado en Carthage (Nova York) o 16 de xaneiro de 1948 é un director, guionista, produtor, montador e compositor estadounidense, habitualmente asociado aos xéneros do terror e a ciencia ficción.[1]
Remove ads
Traxectoria
Carpenter naceu no estado de Nova York, fillo de Milton Jean Carter e do profesor de música Howard Ralph Carpenter.[2] A súa familia mudouse a Bowling Green, Kentucky en 1953.[3] Dende novo foi cativado polos fimes, especialmente os westerns de Howard Hawks e John Ford, e mais polos filmes de terror de orzamento baixo da década de 1950.[4] Comezou a dirixir curtametraxes de terror en 8 mm antes de entrar no instituto.[5] Ingresou na escola de cinema da Universidade do Sur de California en 1968, mais abandonouna tras realizar o seu primeiro filme.[6]
Tras participar en varias curtametraxes realizando diferentes tarefas, dirixiu a comedia negra Dark Star (1974). Porén, Carpenter afirmou que considera que o seu primeiro filme realmente é Asalto á comisaría do Distrito Trece (1976).[7] Dous anos despois dirixiu o grande éxito Halloween, ao que seguiron outros filmes como The Fog (1980) e 1997: Rescate en Nova York (1981).
Tralo fracaso da comedia Big Trouble in Little China (1986), Carpenter viuse obrigado a volver realizar filmes con pouco orzamento. Na década de 1990 continuou o seu declive comercial e tras Fantasmas de Marte (2001) iniciou un retiro que interrompeu coa estrea de The Ward en 2010.
Remove ads
Discografía
- Lost Themes (2015)
- Remix EP (2015)
- Lost Themes Remixed (16 de outubro de 2015)
Filmografía
- Dark Star (1974)
- Asalto á comisaría do Distrito Trece (1976)
- Someone's Watching Me! (1978) (TV movie)
- Halloween (1978)
- Elvis (1979) (TV movie)
- The Fog (1980)
- 1997: Rescate en Nova York (1981)
- The Thing (1982)
- Christine (1983)
- Starman (1984)
- Big Trouble in Little China (1986)
- Prince of Darkness (1987)
- They Live (1988)
- Memoirs of an Invisible Man (1992)
- Body Bags (1993) (telefilme)
- In the Mouth of Madness (1994)
- Village of the Damned (1995)
- 2013: Rescate en L.A. (1996)
- Vampires (1998)
- Fantasmas de Marte (2001)
- The Ward (2010)
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
