guionista e produtor cinematográfico estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
David Owen Russell, nado en Nova York o 20 de agosto de 1958 é un director, guionista e produtor cinematográfico estadounidense.
(2014) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de agosto de 1958 (66 anos) Manhattan, Estados Unidos de América |
Residencia | Santa Monica |
Relixión | Ateísmo |
Educación | Amherst College Mamaroneck High School (en) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Estados Unidos de América |
Ocupación | produtor de cinema, escritor, guionista, director de cinema, realizador |
Período de actividade | 1987 - |
Familia | |
Cónxuxe | Janet Grillo (1992–2007) |
Fillos | Matthew Antonio Grillo Russell |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
|
Russell naceu en Nova York, fillo de Maria Muzio e Bernard Markovski Russell.[1][2] Os seus pais traballaban para Simon & Schuster, onde o seu pai era presidente de vendas[3][4][5] e a súa nai secretaria.[6] O seu pai era de orixe xudía rusa e a súa nai italiana americana.[7]
Russell graduouse en artes no Amherst College, onde estudou tamén inglés e ciencias políticas, en 1981.[8] A súa tese tratou sobre a intervención estadounidense en Chile entre 1963 e 1973.[9]
Tras graduarse viaxou a Nicaragua, onde deu clases de literatura nun programa sandinista. Traballou tamén en pequenos empregos, incluíndo de camareiro.
En Boston dirixiu un documental sobre os inmigrantes panameños[10] que o levou a un posto de axudante de produción na serie de PBS Smithsonian World.[6] En 1987 escribiu, produciu e dirixiu Bingo Inferno: A Parody on American Obsessions.
A súa primeira longametraxe foi a comedia negra Spanking the Monkey e acadou o éxito con Tres reis.
Entre 2010 e 2013 logrou tres candidaturas ao Oscar ao mellor director, con The Fighter, Silver Linings Playbook e American Hustle.
Título | Ano | Acreditado como | Notas | |||
---|---|---|---|---|---|---|
Director | Guionista | Produtor | Outro | |||
Bingo Inferno: A Parody on American Obsessions | 1987 | Si | Si | Curtametraxe | ||
Hairway to the Stars | 1989 | Si | Curtametraxe | |||
Spanking the Monkey | 1994 | Si | Si | Si | Produtor executivo | |
Flirteando co desastre | 1996 | Si | Si | |||
Tres reis | 1999 | Si | Si | |||
Adaptation | 2002 | Si | Actor | |||
The Slaughter Rule | 2002 | Si | ||||
O reporteiro: a lenda de Ron Burgundy | 2004 | Si | Produtor executivo | |||
I Heart Huckabees | 2004 | Si | Si | Si | ||
Soldiers Pay | 2004 | Si | Si | |||
The Fighter | 2010 | Si | ||||
Silver Linings Playbook | 2012 | Si | Si | |||
American Hustle | 2013 | Si | Si | |||
Accidental Love | 2015 | Si | Si | Acreditado como "Stephen Greene" | ||
Joy | 2015 | Si | Si | |||
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.