lingüista estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Daniel L. Everett, nado en Holtville, California, en 1951[1] é un lingüista estadounidense coñecido polos seus estudos sobre a lingua pirahã no estado brasileiro de Amazonas desde 1977.[2] Everett afirma que tal lingua tería elementos que contradín a gramática universal defendida e reformulada por Noam Chomsky e o seu grupo de estudo.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de xullo de 1951 (73 anos) Holtville, Estados Unidos de América (pt) |
Relixión | Ateo |
Educación | Moody Bible Institute (en) Universidade Estadual de Campinas (pt) |
Director de tese | Charlotte Galves (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Lingua pirahã, gramática xenerativa e Recursividade |
Ocupación | lingüista, escritor, profesor universitario, misioneiro |
Empregador | Bentley University (en) Illinois State University (en) Universidade de Manchester Universidade de Pittsburgh (pt) |
Obra | |
Doutorando | Edward Albert Fletcher Gibson (en) |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Páxina web | daneverettbooks.com |
Daniel L. Everett chegou ao Brasil a través do Summer Institute of Linguistics, un grupo dedicado ao estudo lingüístico e á tradución da Biblia, e entrou en contacto co pobo Pirahã, que carece dunha mitoloxía relixiosa[3] e son ateos, e desconfiaban da evanxelización ao preguntarlle a Everett se coñecera directamente a Xesús de Nazaret.[4]
A lingua dos Pirahã ten varias características distintivas: non ten palabras para números nin cores[5] e inclúe un sistema de "evidencialidade", onde sufixos ou partículas indican se a información provén de experiencia directa, rumor ou dedución. Por exemplo, ao falar dun burato nun bote, un falante pirahã pode dicir "sei que o bote afundiu" e usar eses sufixos para especificar se o sabe porque o viu directamente, porque llo dixo alguén ou porque o deduce ao ver o burato.[4]
Nunha das súas expedicións á Amazonía, en 1993, tivo contacto cunha lingua nova que non tiña sido descrita pola linguïstica occidental, a "Oro Win", que é das poucas que usan o fonema dental, bilabial, africado: [t͡ʙ̥].[6]
Daniel Everett asegura que é ateo despois de vivir durante anos con culturas tan diferentes.[7]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.