From Wikipedia, the free encyclopedia
A lingua pirahã é unha lingua indíxena falada polo pobo pirahã que habita no estado brasileiro do Amazonas. Os pirahã viven ó longo do río Maici, un tributario do río Amazonas.
Pirahã xapaitíiso | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Múra-pirahã | |
Falado en: | Brasil | |
Rexións: | Amazonas | |
Total de falantes: | 250–380 (2009)[1] | |
Familia: | Mura Pirahã | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -- | |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | myp
| |
Mapa | ||
Status | ||
Pirahã é a única variedade sobrevivente da lingua mura, xa que as outras linguas foron extinguíndose co paso dos séculos porque os membros do pobo mura adoptaron o portugués. Entre os seus parentes máis achegados está a matanawi, tamén extinta. Estímase que ten entre 250 e 380 falantes.[1] Non está en perigo inmediato de extinción, xa que a comunidade pirahã é monolingüe.
A lingua pirahã é coñecida polas controvertidas características que se lle atribúen,[1] como por exemplo, que amosa trazos de relatividade lingüística.[3] A controversia está agravada pola gran dificultade de aprender a lingua e que o número de lingüistas de pirahã é moi pequeno.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.