director de orquestra From Wikipedia, the free encyclopedia
Daniel Barenboim (en hebreo: דניאל בארנבוים), nado en Buenos Aires o 15 de novembro de 1942, é un pianista e director de orquestra con nacionalidade arxentina, israelí,[1] palestina[2] e española.[3] Foi a primeira persoa que tivo simultaneamente as cidadanías israelí e palestina.
(2019) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de novembro de 1942 (81 anos) Buenos Aires, Arxentina |
Educación | Mozarteum University Salzburg (en) Accademia Musicale Chigiana |
Actividade | |
Campo de traballo | Artes escénicas |
Ocupación | pianista, director de orquestra, director musical |
Período de actividade | 1950 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Música clásica |
Profesores | Nadia Boulanger, Claudio Arrau (pt) e Igor Markevitch (pt) |
Alumnos | Yariv Ezrahi (en) |
Instrumento | Piano |
Selo discográfico | Deutsche Grammophon |
Familia | |
Cónxuxe | Elena Bashkirova (1988–) Jacqueline du Pré (1967–1987) |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Biblioteca dixital BEIC Obálky knih, |
Páxina web | danielbarenboim.com |
|
É coñecido tamén polo seu traballo coa West-Eastern Divan Orchestra, unha orquestra de mozos músicos do mundo árabe e de Israel, que fundou con Edward Said.[4]
Daniel Barenboim naceu en Buenos Aires, neto de rusos asquenací[5] e fillo de Aida (de solteira Schuster) e Enrique Barenboim, ambos pianistas profesionais.[6] Comezou a recibir aulas de piano coa súa nai aos cinco anos de idade, e continuou a estudar co seu pai, Enrique, que foi o seu único profesor. En agosto de 1950, cando tiña só sete anos de idade, presentou o seu primeiro concerto formal en Buenos Aires.[7]
En 1952 a familia de Barenboim mudouse a Israel. Dous anos despois, no verán de 1954, os seus pais marcharon a Salzburgo, para que o mozo Daniel tivese aulas de dirección con Igor Markevitch. Nese verán Barenboim coñeceu e tocou para o mestre Wilhelm Furtwängler, que foi para el unha influencia musical e un exemplo.[8] Furtwängler chamou a Barenboim "fenómeno", e convocouno para tocar o Primeiro Concerto para Piano de Ludwig van Beethoven coa Filharmónica de Berlín; porén, o pai de Barenboim non o permitiu, considerando que a segunda guerra mundial aínda estaba próxima para que un neno de pais xudeus tocase en Berlín.[9]
En 1955 Barenboim estudou harmonía e composición con Nadia Boulanger en París. Barenboim estreouse como pianista en Viena e Roma en 1952, en París en 1955, en Londres en 1956, e en Nova York en 1957, baixo a batuta de Leopold Stokowski. Fixo xiras regulares por Europa, os Estados Unidos, Suramérica, Australia e o Extremo Oriente.
En 1967 casou coa violoncellista Jacqueline du Pré en Xerusalén,[10] despois de que ela se convertese ao xudaísmo.[11] O matrimonio durou ata a morte de du Pré por mor da esclerose múltipla en 1987. A súa amizade con músicos renomeados, como Itzhak Perlman, Zubin Mehta e Pinchas Zukerman, e o matrimonio con du Pré deron lugar a un filme de Christopher Nupen de 1969 sobre a súa interpretación do Quinteto da troita de Franz Schubert.[12]
A principios da década de 1980, Barenboim iniciou unha relación coa pianista rusa Elena Bashkirova, con quen tivo dous fillos en París, David Arthur, nacido en 1983, e Michael, nacido en 1985. Barenboim mantivo a relación oculta para du Pré, e casou con Bashkirova en 1988.
No comezo da súa carreira, Barenboim foi moi recoñecido como pianista. Concentrouse no repertorio da era clásica, como tamén en obras de compositores da era romántica. Algunhas gravacións notábeis dese período inclúen:
Seguindo coa súa estrea como director coa Orquestra de Cámara Inglesa en Abbey Road Studios, en 1966 en Londres, Barenboim foi convidado a dirixir outras orquestras sinfónicas europeas e estadounidenses. Entre 1975 e 1989 foi o Director Musical da Orquestra de París, onde dirixiu moita música contemporánea.
Barenboim estreouse como director de ópera cunha produción de Don Giovanni de Mozart no Festival de Edimburgo. Debutou no Festival de Bayreuth en 1981, e dirixiu alí regularmente até 1999.
Foi o director musical da Orquestra Sinfónica de Chicago entre 1991 e 2006. Mostrou frustración en traballar nos Estados Unidos, precisando recadar fondos para os seus programas.[13]
Barenboim, que reside en Berlín,[14] é, desde 1992, o director musical da Ópera Estatal de Berlín (Staatsoper Unter den Linden). Foi tentando manter un son tradicional e un estilo do leste xermánico coa orquestra. Tamén traballou constantemente para manter a independencia da ópera.[15] Foi nomeado mestre vitalicio da compañía.[16] O 15 de maio de 2006, Barenboim foi nomeado mestre convidado residente do Teatro alla Scala de Milán.[17]
En novembro de 2006, Lorin Maazel causou controversia dicindo aos directores da Filharmónica de Nova York que Barenboim sería un gran nome para a súa sucesión;[18] Barenboim respondeu que ficou eloxiado mais nada podería estar máis lonxe do seu pensamento que regresar a un posto permanente nunha orquestra estadounidense[19][20] En xaneiro de 2007 díxose que Barenboim non manifestou interese sobre o cargo de director musical da Filharmónica de Nova York.
O 28 de novembro de 2008, Barenboim dirixiu por primeira vez na Metropolitan Opera House de Nova York, interpretando a 450.ª actuación da ópera Tristan und Isolde, de Richard Wagner. No ano seguinte, foi o director escollido para o Concerto de Ano Novo de Viena, coa Filharmónica de Viena.[21]
En outubro de 2022 comunicou que padecía unha "grave enfermidade neurolóxica" que o obrigaba a tomar un descanso laboral.[22] Uns meses máis tarde, en xaneiro de 2023, anunciou a súa renuncia á dirección musical da Ópera Estatal de Berlín por mor da súa saúde.[23]
A Orquestra Filharmónica de Israel (entón Orquestra de Palestina) interpretara música de Richard Wagner durante o Mandato británico de Palestina mesmo nos primeiros anos da era nazi.[24] Porén, trala Kristallnacht,[25] os músicos xudeus evitaron tocar música de Wagner en Israel polo uso que a Alemaña nazi fixo do compositor por mor dos escritos antisemitas do propio Wagner,[26] iniciando un boicot non oficial.
Barenboim, opúxose publicamente á prohibición polo menos desde 1989. En xullo de 2001, Barenboim ía dirixir o primeiro acto de Die Walküre con tres cantantes, incluíndo o tenor Plácido Domingo. Non obstante, polas fortes protestas dos sobreviventes do Holocausto e polo goberno de Israel, fíxose un programa alternativo. Barenboim aceptou substituír a obra pola música de Robert Schumann e Igor Stravinskii, mais expresou o seu desagrado por ter que tomar esa decisión.[27] Porén, ao final do concerto coa Berlin Staatskapelle, Barenboim anunciou que lle gustaría tocar Wagner como segundo bis e convidou aqueles que obxectasen que marchasen dicindo "a pesar das crenzas do Festival de Israel, hai xente sentada no público para os que Wagner non provoca asociacións cos nazis. Respecto aqueles para os que estas asociacións son opresivas. Será democrático interpretar a Wagner como bis para aqueles que desexen escoitalo. Xírome cara a vostedes agora preguntando se podo interpretar a Wagner". Continuou un debate de media hora, con algúns membros chamando a Barenboim "fascista". Ao final, un pequeno número de asistentes saíu e a maioría permaneceu, aplaudindo fortemente trala interpretación do preludio de Tristan und Isolde.[28][29][30]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.