ópera de Richard Wagner From Wikipedia, the free encyclopedia
Die Walküre (en galego A Valquiria) é unha ópera en tres actos con música e libreto en alemán de Richard Wagner. É a segunda das catro óperas que compoñen o ciclo Der Ring des Nibelungen (O anel do Nibelungo), sendo a ópera do ciclo máis representada, mesmo separada do ciclo completo. O fragmento máis coñecido da ópera é o «Walkürenritt o Ritt der Walküren» («Cabalgada das valquirias»), introdución ao terceiro e último acto describindo ás guerreiras semideusas. A ópera foi estreada illada no Königliches Hof-und Nationaltheater de München o 26 de xuño de 1870, e non foi ata seis anos despois, o 14 de agosto de 1876, cando se representou dentro do ciclo completo.
Brunilda na rocha, portada artística da partitura vocal de Schott (1899). | |
Forma | Drama musical |
---|---|
Actos e escenas | 3 actos |
Idioma orixinal do libreto | Alemán |
Libretista | Richard Wagner |
Fontes literarias | O poema anónimo medieval Das Nibelungenlied e a escandinava Volsunga Saga |
Estrea | 26 de xuño de 1870 |
Teatro da estrea | Königliches Hof-und Nationaltheater |
Lugar da estrea | München |
Duración | 4 horas |
Música | |
Compositor | Richard Wagner |
Personaxes | |
|
Wagner inspirouse na mitoloxía nórdica ao escribir esta obra, especificamente na Saga Volsunga e na Edda poética.[2][3] Na versión simplificada do compositor, as valquirias son as fillas do deus Wotan e a nai terra, a deusa Erda, concibidas como doncellas guerreiras para defender o Olimpo xermánico, o Valhall, do asexo dos Nibelungos e recoller as almas dos heroes mortos en batalla para levalos ao seu descanso eterno no Valhall.
Personaxe | Tesitura | Repartición na estrea 26 de xuño de 1870 (Director: Franz Wüllner) |
Repartición na estrea do ciclo completo 14 de agosto de 1876 (Director: Hans Richter) |
---|---|---|---|
Humáns | |||
Siegmund, fillo mortal de Wotan | tenor | Heinrich Vogl | Albert Niemann |
Sieglinde, filla mortal de Wotan | soprano | Therese Vogl | Josephine Schefsky |
Hunding, Home de Sieglinde | baixo | Kaspar Bausewein | Josef Niering |
Deuses | |||
Wotan | bajo-barítono | August Kindermann | Franz Betz |
Fricka | mezzosoprano | Anna Kaufmann | Friederike Grün |
Valquirias | |||
Brünnhilde, filla de Wotan e Erda | soprano | Sophie Stehle | Amalie Materna |
Gerhilde, irmá de Brünnhilde | soprano | Karoline Lenoff | Marie Haupt |
Ortlinde, irmá de Brünnhilde | soprano | Henriette Müller | Marie Lehmann |
Waltraute, irmá de Brünnhilde | mezzosoprano | Hemauer | Luise Jaide |
Schwertleite, irmá de Brünnhilde | contralto | Emma Seehofer | Johanna Jachmann-Wagner |
Helmwige, irmá de Brünnhilde | soprano | Anna Possart-Deinet | Lilli Lehmann |
Siegrune, irmá de Brünnhilde | mezzosoprano | Anna Eichheim | Antonie Amann |
Grimgerde, irmá de Brünnhilde | mezzosoprano | Wilhelmine Ritter | Hedwig Reicher-Kindermann |
Rossweisse, irmá de Brünnhilde | mezzosoprano | Juliane Tyroler | Marie Lammert |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.