canción de Led Zeppelin From Wikipedia, the free encyclopedia
"Dancing Days" é unha canción da banda inglesa Led Zeppelin. O tema aparece no seu álbum de 1973 Houses of the Holy, e foi gravado en 1972. Inspirouse nunha melodía hindú que Jimmy Page e Robert Plant escoitaron cando viaxaron a Bombai.
«Dancing Days» | |||||
---|---|---|---|---|---|
sinxelo de Led Zeppelin | |||||
do álbum Houses of the Holy | |||||
Lanzamento | 28 de marzo de 1973 | ||||
Formato | {{{formato}}} | ||||
Gravada | 1972 | ||||
Xénero musical | hard rock, blues-rock | ||||
Lingua(s) | {{{lingua}}} | ||||
Duración | 3:43 | ||||
Discográfica | Atlantic Records | ||||
Produtor(es) | Jimmy Page | ||||
Escritor(es) | Jimmy Page, Robert Plant | ||||
Cronoloxía | |||||
| |||||
Miscelanea | {{{miscelanea}}} |
Este foi o primeiro tema do álbum que Atlantic Records levou ás emisoras de radio. Foi estreado o 24 de marzo de 1973 na BBC Radio One.
Ao igual que outro tema do álbum, "Over the Hills and Far Away" (que aparece no sinxelo), "Dancing Days" foi presentada pola banda en directo antes do seu lanzamento comercial. Aínda que existe unha cinta pirata que insinúa que foi tocada por ver primeira no Wembley Empire Pool en novembro de 1971, as evidencias suxiren que a inclusión nesa cinta foi un engano. A primeira aparición nun directo documentada é en Seattle o 19 de xuño de 1972, onde foi interpretada dúas veces: unha durante o concerto e outra nos "bises". A canción sería tocada frecuentemente no resto desa xira, aparecendo unha versión da mesma no álbum ao vivo How the West Was Won. Coa edición de Houses of the Holy, porén, "Dancing Days" deixouse de tocar bastante en directo, aínda que unha versión acústica abreviada foi tocada de cando en vez na súa xira estadounidense de 1977.
1973 7" single
1973 7" radio edit
1973 7" EP
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.