batería de Led Zeppelin From Wikipedia, the free encyclopedia
John Henry 'Bonzo' Bonham, foi o batería do grupo de hard rock Led Zeppelin.
(1975) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de maio de 1948 Redditch, Reino Unido |
Morte | 25 de setembro de 1980 (32 anos) Windsor, Reino Unido (pt) |
Causa da morte | morte accidental, asfixia |
Actividade | |
Ocupación | batería de rock |
Período de actividade | 1962 - 1980 |
Membro de | |
Xénero artístico | Música rock, hard rock, folk rock e Blues rock |
Instrumento | Batería |
Selo discográfico | Atlantic Records |
Familia | |
Fillos | Jason Bonham |
Irmáns | Deborah Bonham |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Páxina web | ledzeppelin.com |
|
Ata o día de hoxe é considerado un dos mellores baterías de rock da historia,[1] xa que cambiou o enfoque que se tiña cara ao instrumento. John creou un estilo cunha pegada máis dura e con menos adornos, moito máis afastado do jazz e do blues (estilos predominantes nos baterías de rock/pop da época), cambiando revolucionariamente o mundo musical, influíndo a todas as xeracións posteriores de baterías de rock, incluíndo ao heavy metal.
Bonham naceu en Redditch, Worcestershire, Inglaterra. Empezou a tocar batería aos 5 anos, pero tivo o seu primeiro equipamento rítmico á idade de 14 anos. Este foi un kit Premier do cal non se teñen maiores detalles.
En 1964, Bonham formou a súa primeira banda, Terry Webb and the Spiders. Tamén tocou para bandas locais, como The Blue Star Trio and The Senators. Foi nesta época que Bonham decide dedicarse á música como profesión. Únese a varias bandas pouco exitosas, incluíndo a banda de Blues Crawling King Snakes, cuxo cantante era Robert Plant. Durante ese período, Bonham gáñase a reputación de ser o batería máis ruidoso de toda Inglaterra. Nunha ocasión pedíronlle que se fose do Birmingham Studio porque tocaba demasiado forte como para ser soportado polo dono quen ata lle dixo que non habería futuro para un batería como el. 10 anos despois, o dono do estudo recibiu unha nota na cal líase "Thanks for the career advice...", (grazas polo consello), sendo acompañada por un disco de ouro de Led Zeppelin. Seguiu sendo parte, xunto a Robert Plant, de bandas pouco exitosas ata que Tim Rose invítao formalmente a ser o batería de xira da súa banda.
Jimmy Page quixo formar unha nova banda tras o crebe de The Yardbirds. Co baixista John Paul Jones xa recrutado, a súa primeira opción como cantante foi Terry Reid. Con todo Reid estaba traballando con Mickie Most, e suxeriu a Robert Plant, quen á súa vez suxeriu como batería a Bonham. Logo de ver a Bonham tocar para Tim Rose en Hampstead, Londres, en xullo de 1968, Page e Peter Grant (representante do grupo) estaban convencidos de que Bonham era o indicado.
Durante a primeira xira de Led Zeppelin nos Estados Unidos de América (decembro de 1968), Bonham fíxose amigo de Carmine Appice, batería de Vanilla Fudge, quen lle deu a coñecer as baterías Ludwig, marca que usou, e coa que asinou un contrato de representación, polo resto da súa carreira. Bonham usaba tamén as baquetas máis longas e pesadas do mercado, ás cales el referiase como "árbores".
O seu revolucionario estilo está presente en todas as composicións de Led Zeppelin, pero foron temas como "Immigrant Song" (Led Zeppelin III), "When the Levee Breaks" (Led Zeppelin IV), "The Ocean" (Houses of the Holy), e "Achilles Last Stand" (Presence) os que marcaron o estilo da banda. O grupo recoñéceo como o creador da figura rítmica do riff de "Kashmir" e do riff de "Out On the Tiles". A gravación en estudo de "Misty Mountain Hop" captura perfectamente o seu excelente dominio sobre as dinámicas.
O seu traballo tras "os parches" influíu en case todo batería de hard rock/heavy metal. O estilo de Bonham estaba marcado por un "beat" moi rítmico acompañado con moito "feel", "breaks" explosivos e un uso único de figuras rítmicas invertidas, moi seguido executadas entre o bombo e a caixa. Todo isto, combinado co seu ataque escarpado, fixo a Bonham inmediatamente reconocible para o auditor.
Os seus "sos" de batería, primeiro "Pat's Delight" logo chamado "Moby Dick" e "Over the Top", duraban preto de media hora e moi seguido tocaba sen baquetas para lograr novos efectos sonoros. Nos tours de Led Zeppelin que viñeron logo de 1969 expandiu o seu kit, incluíndo congas, timbales sinfónicos e gongs sinfónicos. A Bonham tamén se lle dá o crédito de usar os primeiros timbales sintetizados electronicamente, os cales tocou durante a presentación da canción "Kashmir" en Dallas, Texas, 1977.
En 1974, Bonham apareceu no filme Son of Dracula, tocando a batería na Count Downe's (Harry Nilsson) backing band. Este foi un filme feito por Ringo Starr. Bonham formou parte dunha multitudinaria banda de percusión, a cal incluía a Keith Moon e a Starr. Bonham tamén era coleccionista de automóbiles deportivos antigos e motocicletas, os cales tiña na granxa da súa familia chamada The Old Hyde.
Pero Bonzo non só gravou con Led Zeppelin. Bonham tamén atopou tempo para facer algo de traballo de sesión para outros artistas. En 1970, Bonham tocou para Lord Sutch no seu álbum Lord Sutch and Heavy Friends. Tamén gravou para o seu amigo Roy Wood, no álbum Wizzard (1979). Logo volve aos escenarios, pero esta vez xunto á banda de Paul McCartney:Wings no seu álbum Back to the Egg para o tema Rockestra Theme.
Bonzo morreu o 25 de setembro de 1980 por aspiración de vómito tras inxerir uns 40 vasos de vodka en menos de 12 horas durante un día de borracheira.
Falece na mansión de Jimmy Page en Clewer, Windsor. Logo deste suceso especúlase sobre un posible substituto para substituír a batería, pero ao final todos deciden que Led Zeppelin non podía seguir existindo sen un dos membros.
1.Kit Pre Led Zeppelin (?-'68), Ludwig Super Classic Green Sparkle.
2.Kit Led Zeppelin ('68/Xira por E.E.U.U), Ludwig Black Diamond Pearl
3.Kit de Representación da marca Ludwig, Ludwig Thermo Gloss Natural Maple
4.Kit para gravacións ('70-75'), Ludwig Green Sparkle
5.The Song Remains The Same Kit (73-75), Ludwig Amber Vistalite
6.Kit Final (77-80), Ludwig Stainless Steel
Bonham usou os Giant Beat de Paiste ata 1972, logo asinou un contrato de representación coa marca e cambio os seus antigos pratos polos da serie 2002, a cal utilizou polo resto da súa carreira.
O seu set regular consistida de:
Tamén tiña un Medium Crash de 18", un Medium Ride de 20" e un Crash/Ride de 22", os cales usaba en raras ocasións.
John Bonham. O ruxido do oso (Chris Welch e Geoff Nicholls, ISBN 978-84-934580-0-3, 192 páxinas)
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.