instrumento de tortura From Wikipedia, the free encyclopedia
A dama de ferro é un instrumento de tortura que consiste nun armario de ferro cunha porta cuberta de pugas na súa parte interior. Ten unha altura suficiente para pechar un ser humano no seu interior. Os primeiros escritos que citan o instrumento datan do século XIX. O seu uso é considerado unha lenda alimentada pola crenza no compoñente de brutalidade do medievo.[1] De feito, é moi difícil atopar evidencias reais do seu uso. A dama de ferro converteuse nunha imaxe moi popular nos medios de comunicación como elemento identitario da Idade Media.
Existen, con todo, referencias de que o tirano espartanoNabis utilizaba un dispositivo similar contra o 200 a.C. para extorsión e asasinato. Disque o visir abbásida Ibn al-Zayyat ideara «unha hucha de madeira con pugas de ferro» para a tortura. Ironicamente, esta sería utilizada durante o seu encarceramento e execución en 847.[2]
Wolfgang Schild, profesor de dereito penal, historia do dereito criminal e filosofía do dereito na Universidade Bielefeld, argumentou que se construíron presuntas damas de ferro con pezas de museo para crear exposicións con fins comerciais.[3] Moitos museos de todo o mundo teñen expostas damas de ferro do século XIX, incluíndo oMuseum of Us de San Diego, o Museo da Universidade de Meiji[4] e varios museos de tortura[5][6][7] en Europa.
As damas de ferro do século XIX puideron ser construídas a partir dunha interpretación errada do Schandmantel medieval, feito de madeira e metal mais sen pugas.[3][8] Tamén puido estar inspirada na execución de Marco Atilio Régulo a mans de Cartago, segundo Tertuliano en Ad Martyres e Agostiño de Hipona en De Civitate Dei. O cónsul «foi pechado nunha estreita caixa de madeira e obrigado a manterse de pé, e estaba rodeado de afiadas pugas, de xeito que non se podería apoiar en ningún lugar sen ser cravar nunha delas». O historiador grego Polibio narra que o rei Nabis de Esparta tiña unha estatua coa forma da súa muller, a Apega de Ferro, que utilizaba como instrumento de tortura. É considerada o antecedente máis antigo da dama de ferro.[9][10]
A dama de ferro máis famosa foi a de Nürnberg, exposta posibelmente dende 1802. A orixinal perdeuse no bombardeo de Nürnberg por parte dos estados aliados en 1945. En 1890 J. Ichenhauser de Londres vendeulle unha copia «do Castelo Real de Nürnberg», elaborada para a súa exposición pública, ao Conde de Shrewsbury, xunto con outros dispositivos de tortura. Tras formar parte da Exposición Universal de 1893 en Chicago foi exposta en varias cidades dos Estados Unidos.[11] A copia foi poxada a inicios da década de 1960 e na actualidade forma parte da exposición permanente do Mittelalterliches Kriminalmuseum (Museo Penal Medieval) de Rothenburg ob der Tauber.
Algunhas fontes afirman que foi Johann Philipp Siebenkees quen inventou a historia do dispositivo.[12] Segundo o filósofo alemán, foi utilizada por primeira vez o 14 de agosto de 1515 por unha pena de falsificación de moedas.[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.