prato da cociña xaponesa From Wikipedia, the free encyclopedia
O curry xaponés[1][2] (en xaponés: 日本のカレー; karē) é un dos pratos máis populares do Xapón. Adoita servirse xunto con arroz e tonkatsu ou outros acompañamentos, como arroz ao curry (カレーライス karē raisu?), mais tamén existen pratos baseados en curry que non empregan arroz, como karē udon (fideos grosos) ou karē-pan (pan de curry), se ben non son tan populares como o curry con arroz. O mollo de curry en si é menos especiado que o seu equivalente indio. Hai variedades que varían dende un sabor máis suave e doce até outras moi picantes.
Para elaborar o curry xaponés emprégase unha ampla variedade de vexetais e carnes. As verduras básicas son as cebolas, as cenorias e as patacas. Respecto á carne, a de vitela, porco, polo e ás veces pato son as máis populares. O katsu-karē é un tonkatsu (porco apanado fritido troceado) con mollo de curry.
O curry foi introducido no Xapón polos ingleses durante a era Meiji (1869–1913), época na que a India estaba baixo administración británica. O prato fíxose popular e pasou a estar dispoñible en supermercados e restaurantes a finais dos anos 1960. Foi adaptado dende a súa introdución, e o seu consumo é tan xeneralizado que pode considerarse un prato nacional.[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.