Cryptosporidium parvum
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Cryptosporidium parvum é unha especie de protozoos apicomplexos causante da enfermidade gastrointestinal de mamíferos chamada criptosporodiose, que pode ser orixinada tamén por outras especies.
Cryptosporidium parvum | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Imaxe de inmunofluorescencia de ooquistes de C. parvum. | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
'Cryptosporidium parvum' |
Os síntomas primarios da infección por C. parvum son unha diarrea aguda acuosa sen sangue. A infección é especialmente perigosa en pacientes inmunocomprometidos nos que a diarrea pode chegar a un fluxo de 10–15 L diarios. Outros síntomas poden ser a anorexia, náuseas/vómitos e dor abdominal. En áreas fóra do intestino como os pulmóns, fígado e vesícula biliar pode causr, respectivamente, criptosporodiose respiratoria, hepatite e colecistite.[1][2][3]
A infección é causada pola inxestión de ooquistes esporulados transmitidos pola ruta fecal-oral. Nos hóspedes humanos con boa saúde, a dose media infectiva é de 132 ooquistes.[4] O ciclo de vida xeral que presenta C. parvum é compartido polos outros membros do xénero. A patoloxía observada na enfermidade está causada pola invasión de esporozoítos e merozoítos do parasito da parte apical dos enterocitos do íleo, o que dana as microvilosidades.[1].
A infección é xeralmente de duración limitada nas persoas inmunocompetentes, pero nas inmunocomprometidas, como os que teñen SIDA ou están sometidos a terapias inmunosupresoras, a infección pode ser persistente e causar fortes deshidratacións e en certos casos a morte.
Os ooquistes de C. parvum son moi difíciles de detectar e diagnosticar. A presenza de ooquistes en mostras fecais indica que o parasito está presente no corpo, pero son de moi pequeno tamaño, polo que poden pasar desapercibidos. Utilizar para detectalo o método da ELISA fecal elimina esta dificultade e moitos outros métodos non poden distinguir entre infeccións presentes ou pasadas; o ELISA serolóxico non pode distinguilo.[5]
C. parvum considérase o patóxeno transmitido pola auga máis importante nos países desenvolvidos. Estes protozoos poden causar grandes epidemias, como por exemplo a ocorrida en Milwaukee, EUA en 1993, na que foron afectadas 403.000 persoas.[6] O parasito resiste a todos os niveis de cloración que se poden utilizar na práctica de forma segura, e sobrevive 24 horas en disolucións de cloro de 1000 mg/L. É un patóxeno intracelular obrigado.[7]
O xeito máis efectivo de previr a transmisión de C. parvum é evitar o contacto con feces contaminadas co parasito e manter unha boa hixiene. Isto é especialmente importante nos nenos pequenos, xa que é máis probable que teñan un contacto oral co parasito.[8]
Os ooquistes de C. parvum teñen unha incrible resistencia e duración e isto pode aumentar os problemas cando se intenta controlar o espallamento do parasito. O estadio de ooquiste pode tolerar un gran número de presións ambientais, como temperaturas de só -22 °C ou cambios de pH como os que se producen en determinados procesos de tratamento das augas. Os ooquistes que están no material fecal son inmediatamente infectivos.[5][8]
O xenoma de C. parvum (secuenciado en 2004[9]) ten un tamaño relativamente pequeno de 9,1 Mb e unha organización simple, e está composto por oito cromosomas que en tamaño van de 1,04 a 1,5 Mb. O xenoma é moi compacto, e é un dos poucos organismos que non presenta elementos transpoñibles. Ademais, a diferenza doutros apicomplexos, C. parvum non ten xenes nos seus plastidios ou nas mitocondrias.[9]
C. parvum non pode facer síntese de novo de lípidos, o que fai que a súa maquinaria de tráfico de lípidos sexa unha importante diana terapéutica potencial. C. parvum posúe moitas proteínas que se unen ao oxisterol (OSBPs), e proteínas relacionadas co oxisterol (OSRPs). Das dúas, só as OSBPs poden unirse aos lípidos, mentres que ambas as dúas conteñen dominios de homoloxía de pleckstrina, que funcionan nas vías de sinalización celular.
C. parvum posúe numerosas glicoproteínas de superficie que se cre que exercen unha función na patoxénese. Unha proteína de máis de 900 kDa inmunodominante, chamada GP900, localízase no extremo apical dos esporozoítos e nos micronemas dos merozoítos. A súa elevada masa molecular débese probablemente a unha abundante glicosilación postraducional. A estrutura da GP900 é similar á da familia das glicoproteínas mucinas. A GP900 crese que media na adhesión e invasión das células hóspedes. A GP900 pode tamén xogar un papel na resistencia de C. parvum á proteólise polas numerosas proteases que se encontran no tracto dixestivo dos mamíferos.
In vitro, o soro hiperinmune e os anticorpos dirixidos contra epitopos específicos da proteína GP900 inhiben a invasión dos esporozoítos de C. parvum en monocapas de células MDCK. Ademais, a inhibición competitiva utilizando GP900 nativa ou fragmentos de GP900 purificados reduce a invasión das células.[10]
Outros experimentos confirmaron a importancia das glicosilacións de tipo mucina. As lectinas dirixidas a restos de carbohidratos da GP900 (alfa-N-galactosamina) poden bloquear a adhesión e impedir a invasión de C. parvum.[11]
As glicoproteínas de C. parvum son candidatos atractivos para a elaboración de vacinas. Moitas son inmunodominantes, e os anticorpos contra dominios seleccionados bloquean a invasión das células hóspede.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.