![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/a5/Crocodylus_thorbjarnarsoni.jpg/640px-Crocodylus_thorbjarnarsoni.jpg&w=640&q=50)
Crocodylus thorbjarnarsoni
From Wikipedia, the free encyclopedia
Crocodylus thorbjarnarsoni é unha especie extinta de crocodilo do Plioceno e Plistoceno da cunca de Turkana en Kenya. Está estreitamente relacionado coa especie Crocodylus anthropophagus, que viviu durante esa mesma época en Tanzania. C. thorbjarnarsoni podería ser o "crocodilo verdadeiro" máis grande coñecido, co cranio máis grande atopado, que indica que podería ter unha lonxitude total de 7,6 m.[2] Pode que fose un predador dos primeiros homininos. O nome Crocodylus thorbjarnarsoni déronllo Christopher Brochu e Glenn Storrs en 2012 en honra de John Thorbjarnarson, un conservacionista que traballou para protexer a crocodilianos en perigo.
Máis información Clasificación científica ...
Crocodylus thorbjarnarsoni Rango fósil: 5,3 Ma-1,8 Ma[1] Plioceno - Plistoceno | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Restauración en vida de Crocodylus thorbjarnarsoni | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
|
Pechar