especie de réptil From Wikipedia, the free encyclopedia
Crocodilo pode ser calquera das 13 ou 14 especies existentes (e outras fósiles) dos réptiles da familia Crocodylidae (crocodílidos). O termo tamén é usado ás veces sensu lato para incluír todos os membros da orde Crocodilia. Discútese se o xénero Tomistoma pertence a Crododylidae ou a Gavialidae. O maior réptil hoxe na face da terra que pertence a esta familia é o crocodilo de auga salgada, que se encontra desde a India a Australia.
Crocodilos Rango fósil: Eoceno – Holoceno | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Crocodilo do Nilo | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Subfamilias e xéneros | |||||||||||||||||||
Subfamilia Mekosuchinae †
|
As diferenzas externas máis obvias entre os crocodilos e os aligátores son visibles na cabeza. Os crocodilos teñen cabezas máis estreitas e máis longas, e os morros teñen máis forma de V que de U. A mandíbula superior do aligátor é máis ancha que a inferior, e os dentes da mandíbula inferior encaixan en pequenas depresións da mandíbula superior. As mandíbulas superior e inferior dos crocodilos son da mesma anchura, e os dentes da mandíbula inferior quedan ao bordo ou pola parte externa da mandíbula superior cando pechan a boca. Nos crocodilos, cando pechan a boca o longo cuarto dente da mandíbula inferior encaixa nunha amosega da parte externa da mandíbula superior, polo que é moi visible.[1] Os crocodilos teñen dedos máis palmados nos pés traseiros e poden tolerar mellor a auga salgada, xa que teñen glándulas do sal especializadas, que están presentes pero non son funcionais nos aligátores. Os crocodilos son os máis agresivos dentro dos crocodilianos.[2] Diferéncianse da familia dos gaviálidos por teren un fociño máis ancho.
A palabra "crocodilo" procede do grego antigo κροκόδιλος (crocodilos), 'lagarto', usado na frase ho krokódilos tou potamoú, 'o lagarto do río (Nilo)'. Hai varias formas gregas variantes desta palabra, incluíndo a última forma κροκόδειλος (crocodeilos)[3] que se cita en moitos libros de referencia.[4] Na koiné grega dos tempos do Imperio Romano, crocodilos e crocodeilos teríanse pronunciado de forma idéntica, e calquera delas ou ambas poden ser a fonte da forma latinizada crocodīlus usada polos antigos romanos. Crocodilos ou crocodeilos é unha palabra composta de krokè ('croios, pedras') e drilos/dreilos ('verme'), aínda que drilos só está testemuñado como termo coloquial que significaba 'pene'.[4] Atribúese a Heródoto e supostamente describe os hábitos de tomar o sol do crocodilo exipcio.[5]
A forma crocodrillus é testemuñada no latín medieval.[4] Non está claro se isto é unha corrupción medieval ou deriva de formas alternativas grecolatinas (testemúñanse as formas do grego tardío corcodrillos e corcodrillion). O uso do -y- no nome científico Crocodylus (e outros nomes de taxons derivados), que non se facía no étimo latino ou grego, é unha corrupción introducida por Laurenti (1768).
Os crocodilos viven en América, África, Asia e Australia. Os crocodilos habitan xeralmente as marxes de ríos, mentres unha especie de Australia e illas do Pacífico tamén frecuenta o mar.
Na familia están incluídos 3 xéneros, con en total 14 especies, o xénero principal é Crocodylus coa maioría das especies; mentres que Mecistops considérase hoxe un xénero separado, pero antes estaba incluído en Crocodylus, e Osteolaemus inclúe só o crocodilo anano. Nese total de especies está incluído o Crocodylus suchus, que foi o último que se aceptou como especie (antes era subespecie de C. niloticus). Ademais, recentes estudos indican que o crocodilo anano (Osteolaemus tetraspis), non é unha soa especie, senón probablemente dúas ou tres.[6] Se acaba por aceptarse isto definitivamente, as especies de crocodilos existentes serían 16 ou 17.
Discutiuse moito a posición dos tomistominos (falso gavial), debido a resultados contraditorios, xa que os estudos morfolóxicos (e as clasificacións tradicionais) consideran que son próximos aos crocodilos, mentres que as análises xenéticas os consideran próximos aos gaviais. Incluso nas clasificacións tradicionais baseadas na morfoloxía Tomistoma estaba separado dos "verdadeiros" crocodilos, que se clasificaban na subfamilia Crocodylinae, mentres que el estaba incluído nunha subfamilia propia (Tomistominae) dentro da familia Crocodylidae. Non obstante, as últimas probas moleculares encontran diferenzas máis grandes entre Tomistoma e os crocodilinos, e parece máis próximo aos gaviais, o que aconsellaría clasificalo na familia Gavialidae. Se isto finalmente se confirma en ulteriores estudos, os tomistominos formarían parte dos gaviálidos e non dos crocodílidos.[7]
A familia pode subdividirse así:
Unha filoxenia na que se inclúen os tomistominos dentro de Crocodylidae é a que mostra este cladograma baseado na análise de trazos morfolóxicos feita en 2012 por Christopher A. Brochu e Glenn W. Storrs. Os autores non incluíron C. suchus porque morfooxicamente é practicamente idéntico a C. niloticus, pero os propios autores consideran que son especies diferentes e que a gran similitude débese á mostraxe dos espécimes analizados. Ademais, moitas das especies distintas poderían ser xéneros separados.[9]
Unha filoxenia simplificada na que os tomistominos están clasificados xunto aos gaviais é a seguinte, baseada nas análises de Ericson et al de 2012:[10]
Crocodilia |
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.