From Wikipedia, the free encyclopedia
Voay é un xénero de crocodilos extinguido de Madagascar, que viviu desde o Plistoceno tardío ata o Holoceno, que contén unha soa especie, V. robustus. Atopáronse numerosos subfósiles, incluíndo cranios completos, caracterizados polo seu distintivo par de cornos na parte posterior, así como vértebras e osteodermos atopados en lugares como Ambolisatra e Antsirabe (Madagascar). O xénero pénsase que se extinguiu en tempos relativamente recentes. Suxeriuse que desapareceu no episodio de extinción que fixo desaparecer boa parte da megafauna endémica de Madagascar, como a ave elefante e o hipopótamo malagaxe, coincidente coa chegada dos humanos a Madagascar arredor de hai 2000 anos.[2] O seu nome procede da palabra que significa crocodilo en lingua malgaxe.
Voay Rango fósil: 0,1 Ma-0,01 Ma[1] Plistoceno tardío. As diverxencias estimadas suxiren unha orixe no Oligoceno | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Cranio, Museo Americano de Historia Natural | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||||
† Voay robustus (Grandidier & Vaillant, 1872) | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Crocodylus robustus Grandidier & Vaillant, 1872 |
Unha característica pouco común de V. robustus que o distingue doutros crocodilianos é a presenza de "cornos" prominentes que se estenden desde a porción posterior do cranio. En realidade son as esquinas do óso escamoso estendidas posterolateralmente. Outros crocodilianos relacionados, como Aldabrachampsus tamén tiñan proxeccións similares, aínda que en Aldabrachampsus estas proxeccións eran máis similares a cristas que a cornos.[3] Outra caacterística diagnóstica é a case exclusión dos ósos nasais da narina externa. Tiña un morro máis curto e máis profundo que o do existente Crocodylus niloticus, así como extremidades relativamente robustas. Os osteodermos tiñan quillas altas e eran simétricos dorsalmente con marxes laterais curvadas, que discorren por toda a lonxitude do corpo postcranial.[4]
Estimouse que V. robustus chegaba a lonxitudes de ata 5 m.[5] Estas estimacións suxiren que V. robustus era o maior predador de todos os que existiron en Madagascar en tempos recentes. O seu tamaño, estatura e suposto comportamento é similar ao dos modernos crocodilos do Nilo (Crocodylus niloticus). Como V. robustus compartía tantas semellanzas co crocodilodo Nilo podería ter habido moita competición interespecífica polos recursos entre os dous xéneros de crocodilos se ambos tivesen coexistido. Propúxose recentemente que o crocodilo do Nilo só migrou á illa de Madagascar desde a África continental despois de que V. robustus se extinguiu en Madagascar.[6] Porén, esta idea foi despois desbotada unha vez que se descubriu que algúns espécimes de Crocodylus de Madagascar tiñan uns 7.000 anos de antigüidade e eran contemporáneos de Voay.[7]
Cando se describiu por primeira vez V. robustus en 1872, asignouse orixinalmente ao xénero Crocodylus.[8] Despois viuse que morfoloxicamente tiña máis en común co actual Osteolaemus (crocodilo anano) que con Crocodylus. Algunha características compartidas con Osteolaemus son unha superficie pterigoide deprimida que forma un "pescozo" coanal no padal. Como non están o suficientemente próximos para ser situado no mesmo xénero que o crocodilo ananao, foi asignado a un novo xénero en 2007. Antes desta reasignación, a especie era considerada por algúns como sinónimo de Crocodylus niloticus. Porén, isto debíase probablemetne a unha mala interpretación de restos do C. niloticus vivente e V. robustus e á pobre descrición do material orixinal a partir do cal se describiu a especie.[9][10] En contraste coas semellanzas morfolóxicas con Osteolaemus, un estudo paleoxenómico de 2021 atopou que Voay era un grupo irmán de Crocodylus, e ambos os xéneros diverxeran no Oligoceno tardío medio; isto indica que as similitudes aparentes con Osteolaemus débense probablemente a evolución converxente.[11]
O seguinte cladograma mostra os resultados do último estudo:[11]
Crocodylidae |
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
(grupo coroa) |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.