From Wikipedia, the free encyclopedia
Cristina, nada en Estocolmo o 18 de decembro de 1626 e finada en Roma o 19 de abril de 1689 foi a raíña de Suecia dende 1632 ata a súa abdicación en 1654.
Nome orixinal | (sv) Kristina av Sverige |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 7 de decembro de 1626 Estocolmo, Suecia |
Morte | 9 de abril de 1689 (Xuliano) (62 anos) Roma, Italia |
Lugar de sepultura | Grutas vaticanas Basílica de San Pedro |
Rei de Suecia | |
6 de novembro de 1632 – 6 de xuño de 1654 ← Gustavo II Adolfo de Suecia – Carlos X da Suécia (pt) → | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica, luteranismo e catolicismo |
Actividade | |
Campo de traballo | Aforismo e política |
Ocupación | coleccionista de arte, escritora, pintora, monarca, filósofa |
Influencias | |
Enaltecemento | |
Outro | |
Título | Rainha da Suécia (pt) Princess of Sweden (en) |
Familia | Dinastía de Vasa |
Cónxuxe | sen valor |
Pais | Gustavo II Adolfo de Suecia e Maria Leonor de Brandemburgo |
Irmáns | Gustavo Gustavsson de Vasaborg |
Descrito pola fonte | Hamburgische Biografie Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Svenskt kvinnobiografiskt lexikon (en) |
Era a única filla do rei Gustavo II Adolfo e a súa esposa María Leonor de Brandemburgo. Ascendeu ao trono sueco con só seis anos de idade trala morte do seu pai na batalla de Lützen.[1][2][3] Sendo a filla dun defensor do protestantismo na guerra dos Trinta Anos, Cristina causou escándalo ao abdicar en 1654 e converterse ao catolicismo. Pasou os seus últimos anos en Roma, volvéndose a líder da vida musical e teatral local. Como raíña sen país, protexeu moitos artistas e proxectos. Cristina morreu en 1689 e é unha das poucas mulleres enterradas no Vaticano.[3]
Cristina estaba interesada en libros e manuscritos, relixión, alquimia e ciencia. Quería que Estocolmo se transformase na "Atenas do Norte". Influída pola Contrarreforma, sentiuse cada vez máis atraída pola cultura barroca e mediterránea que se desenvolveu lonxe do seu país.
O seu estilo de vida pouco común e o vestiario e comportamento masculino inspiraron novelas, obras teatrais, óperas e filmes.[3][4] É un dos personaxes da novela Herba moura de Teresa Moure.[5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.