Cristiáns de Santo Tomé
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os cristiáns de Santo Tomé, tamén chamados cristiáns sirios ou nasrani, son unha comunidade de cristiáns de Tamilakam, hoxe Kerala, India, que sosteñen teren as súas orixes na actividade evanxélica de Santo Tomé no século I e seren unha das comunidades cristiás máis vellas do mundo.[1][2] A comunidade estivo historicamente unida en liderado e liturxia, mais desde o século XVII dividiuse en varias denominación e tradicións distintas.
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde xaneiro de 2016) |
Historicamente os cristiáns de Santo Tomé formaron parte da Igrexa Oriental, con centro en Mesopotamia. No século VIII foron organizados como a Provincia Eclesiástica da India, servidos por bispos e un arcediago hereditario. No século XVI o padroado portugués quixo incorporar os cristiáns de Santo Tomé á Igrexa católica, e iso levou á primeira de varias fisuras dentro da comunidade e ao establecemento das faccións católica e de Malankara. Desde entón aconteceron máis rupturas, e os cristiáns de Tomé agora están divididos en varias comunidades católicas orientais, ortodoxas orientais e independentes, cada unha coas súas liturxias e tradicións propias.
Os cristiáns de Santo Tomé conforman un mesmo grupo étnico. A cultura da comunidade é hindú na súa orixe con influencias sirias orientais, sirias occidentais, xudías e posteriormente europeas. A súa lingua é o malayalam, a lingua de Kerala, e o siríaco é utilizado para propósitos litúrxicos. O siríaco é un dialecto do arameo, a lingua que falaba Xesús.[3]