grupo musical galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Cosecha Roja foi un grupo musical ourensán de pop rock. Estivo activo entre 1988 e 2000. O grupo toma o seu nome da novela Colleita vermella de Dashiell Hammett.
O grupo naceu en decembro de 1988, formado por xente que xa tocara noutros grupos da vila ourensá. O baixista Antonio Rodríguez "Amadís" e o guitarrista Javier Doforno "Dofo" tocaran xa en Última Fila, formado en 1983. En 1986 ambos os dous entraron en Viernes y los Robinsones, que se formara na primavera de 1985, con Carlos Rego á voz, Toño Arias ao baixo, José Luis Labrador á guitarra e Arturo Mosquera "Chapi" á batería. En decembro de 1988 Aser Álvarez (que tocara antes en Las Hierbas), substituíu a Chapi na batería, e o grupo tomou o nome de Cosecha Roja.
En xullo de 1989 gravaron unha maqueta, con produción de Moncho Lusquiños. En agosto dese ano Labrador deixou o grupo. En 1990 autoeditaron o flexi-single Orense Underground '83 '90, coas cancións "No puedo volver" e "Qué esperas de mí". En 1992 editaron un segundo sinxelo, Se acabó, cos temas "Se acabó" e "No puede ser verdad".
En 1993 publicaron o seu primeiro disco, Nuevos caminos, de nove cancións. Ao ano seguinte sacaron Vacaciones permanentes, de seis cancións e publicado só en casete, mais ante a pouca repercusión decidiron tomar unha pausa. Nesa época Carlos Rego e Amadís montaron o grupo Los Cachorros xunto con Magín Blanco.
A formación regresou como trío, logo de que Santi Campos lles propuxese editar un EP no seu selo, Maybe Tomorrow. En 1996 publicaron Aquellos maravillosos anos, de catro cancións, e retomaron os concertos. Dofo regresou ao grupo e gravaron un novo disco, Conducir despacio (1997), con dez pezas. En 2001 autoeditaron o disco A plena sombra, con doce cancións. Despois decidiron deixar o proxecto, se ben seguiron adiante co grupo Burgas Beat. No ano 2009 o selo Hanly Panky publicou o CD compilatorio Un par de cosas 1991-2000). Inclúe 22 cancións, editado en formato digi-pack cun libreto de dezaseis páxinas.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.