ave da familia dos córvidos From Wikipedia, the free encyclopedia
O corvo cincento,[3][4] Corvus cornix, é unha especie de ave paseriforme da familia dos córvidos, unha das 46 actualmente recoñecidas dentro do xénero Corvus,[5][6] propia da Europa occidental e da Asia oriental.
Corvo cincento Corvus cornix | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Corvus cornix | |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Pouco preocupante[1][2] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Corvus cornix Linnaeus, 1758 | |||||||||||||||||
Área de distribución do corvo cincento | |||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
|
É tan semellante en morfoloxía e hábitos ao corvo pequeno (Corvus corone), que durante moitos anos a maioría das autoridades consideráronos como variedades xeográficas da mesma especie. Observouse, ademais, hibridación onde as súas áreas de distribución se solapan, engadido peso a este punto de vista. Porén, desde 2002, o corvo cincento foi elevado, de novo, ao estado de especie distinta despois dunha observación máis minuciosa; ademais da notábel diferenza da coloración da plumaxe, demistrouse a escasa viabilidade xenética dos híbridos.[7][8]
A especie foi descrita en 1758 por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae,[9] nas páxinas 105-106 do volume primeiro da súa obra, co nome de Corvus cornix.[10] nome que, a día de hoxe, se considera válido.
Para a do xénero, véxase Corvus.
O epíteto específico, corone, Linneo tomouno do latín corone, que significa "choia", "gralla".[11]
Ademais de polo nome que lle impuxo Linneo, e durante moitos anos, a especie foi coñecida como:[12][13]
A maioría dos autores recoñecen na especie as subespecies seguintes:[14]
Mide de 46 a 47 cm de lonxitude,[3][15] e unha envergadura alar de 84 a 100 cm.[16] É unha ave inconfundíbel pola coloración da súa plumaxe, coa rexión dorsal e as partes inferiores de cor gris cincenta, e a cabeza, a gorxa, as ás, a cola e as patas negras,[3][15] o que a distingue da súa próxima parente a choia de bico negro. Ambos os sexos son similares.[3]
Habita en chairas arboradas abertas, páramos e zonas bocosas, arboredas de zonas agrícolas e mesmo en grandes paques de pequenas cidades.[16]
De distribución paleártica, atópase en toda a Europa do norte, do leste e do sueste, Ruisa occidental, Turquía, así como noutas parte do Oriente Próximo.[3]
Na Península Ibérica, antes de 1999, había unhas poucas citas no norte (Cataluña, Galicia, Asturias, Burgos) e en Portugal (nas proximidades de Porto e de Lisboa). De Juana (2006) presentou catro rexistros homologados polo Comité de Rarezas de SEO/BirdLife International, tres en Cataluña e un en Galicia, todos na primavera.[17]
A partir de 2007 aumentaron as citas en Cataluña pero, especialmente desde 2013, iníciase un proceso continuo de expansión por toda a xeografía peninsular: Asturias, Cantabria, Galicia, Navarra, Castela e León, Madrid, Murcia, Andalucía, Illas Baleares, que culminou coa primeira nidificación segura en El Prat de Llobregat (Barcelona) en 2017.[18]
En costumes e hábitat aseméllase ao corvo pequeno. É unha ave tímida, e vixiante, na maioría dos países onde se acha, porque é perseguida, pero en zonas onde non se a molesta é atrevida. Ademais, pode verse en pobos e nas aforas de cidades non moi grandes.[16]
Voa baixo, e o seu voo parece apático, mesmo case descoidado, batendo as ás de xeito algo vacilante e sen graza, contrastando cos do corvo pequeno, máis resoltos e algo máis profundos. Ás veces voa a grande altura, en bandadas xeralmente laxas. Non adoita planar.[16]
Como outros córvidos, é omnívoro, e máis oportunista ca outras especies, roubando nos niños doutras aves, comendo refugallos (que mesmo busca nas bolsas de lixo), ovos, sementes, preas, insectos e outros invertebrados, en campos cultivados e costas mariñas (incluso apaña pequenos peixes, mexillóns e outros moluscos).[16]
Constrúe niños abertos, máis lixeiros que os do corvo pequeno, fabricados con paus e situados en gallas de árbores o grandes arbustos, xeralmente ben agochados. Nel a femia pon de catro a seis ovos en cada niñada, desde marzo a xullo.[16]
Segundo a UICN e máis o British Trust of Ornithology o estado de conservación da especie está cualificado como LC (pouco preocupante).[1][2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.