Cortisona
composto químico / From Wikipedia, the free encyclopedia
A cortisona [1][2][3](17-hidroxi-11-corticosterona) é unha hormona esteroide producida no córtex suprarrenal. Quimicamente é un corticosteroide moi parecido á corticosterona do grupo dos glicocorticoides. Utilízase para tratar unha gran variedade de doenzas e pode ser administrada por vía intravenosa, oral, intraarterial ou cutánea. A cortisona suprime o sistema inmunitario (actividade inmunosupresora), reducindo así a resposta inflamatoria, neutralizando a dor e inchazón no sitio danado. Pode producir efectos secundarios, especialmente cando se utiliza durante un período longo de tempo.
Cortisona | |
---|---|
(8S,9S,10R,13S,14S,17R)-17-Hidroxi-17-(2-hidroxiacetil)-10,13-dimetil-1,2,6,7,8,9,12,14,15,16-decahidrociclopenta[a]fenantreno-3,11-diona | |
Identificadores | |
Número CAS | 53-06-5 |
PubChem | 222786 |
ChemSpider | 193441 |
UNII | V27W9254FZ |
KEGG | D07749 |
MeSH | Cortisone |
ChEBI | CHEBI:16962 |
ChEMBL | CHEMBL111861 |
Código ATC | H02AB10 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C21H28O5 |
Masa molar | 360,44 g mol−1 |
Punto de fusión | 220-224 °C |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
A cortisona e o cortisol non son o mesmo. O cortisol é o glicocorticoide máis abundante nos humanos, e a cortisona é o predominante nos roedores. Ambos os dous prodúcense na zona fasciculada das glándulas suprarrenais, pero a cortisona prodúcese ademais na zona glomerulosa. O cortisol ten unha actividade hormonal moito maior ca a cortisona, pero ambos se poden interconverter.