From Wikipedia, the free encyclopedia
A zona fasciculada ou fascicular (zona fasciculata) constitúe a zona media do córtex adrenal, e está situada debaixo da zona glomerulosa e encima da zona reticular. As células que a forman están organizadas en feixes ou fascículos, de aí o seu nome.
A zona fasciculata produce fundamentalmente glicocorticoides (principalmente cortisol nos humanos), que regulan o metabolismo da glicosa, especialmente en momentos de estrés (por exemplo, como parte da resposta de loita ou fuxida). É estimulada pola hormona adrenocorticotrípica (ACTH), que se libera da porción anterior da hipófise ou pituitaria e actúa sobre a glándula adrenal. Este tecido xera tamén unha pequena cantidade de andróxenos de efecto feble (por exemplo, a deshidroepiandrosterona). Con todo, a principal fonte de andróxenos é a zona reticular, que está debaixo. En certos animais como os roedores, a falta de 17alfa-hidroxilase ten como resultado a síntese de corticosterona en vez de cortisol.
Os tumores adrenais que producen gran cantidade de esteroides e hiperplasia da zona fasciculada dan lugar a un exceso de produción de cortisol e son a causa da síndrome de Cushing adrenal. Outro trastorno xenético chamado síndrome de McCune-Albright pode tamén presentar síndrome de Cushing en pacientes afectados.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.