Constitución española de 1876
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Constitución española de 1876 (cuxa denominación oficial foi: Constitución da Monarquía Española) foi promulgada por Cánovas del Castillo o 30 de xuño de 1876,[1] logo da restauración borbónica. Foi unha constitución que supuña unha mestura entre a constitución moderada de 1845 e a progresista de 1869.[2] Tivo unha vixencia moi prolongada, ata 1931, aínda que permaneceu suspendida durante a ditadura de Primo de Rivera, que pretendeu, sen conseguilo, elaborar outra. En 1931, sería substituída pola Constitución de 1931[3] que abría a Segunda República.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/53/Antonio_C%C3%A1novas_del_Castillo_1884_%28cropped%29.jpg/220px-Antonio_C%C3%A1novas_del_Castillo_1884_%28cropped%29.jpg)
Entre os principais principios, recoñecía:
- Soberanía conxunta de El-Rei e das Cortes Xerais.[4]
- Monarquía constitucional con importantes atribucións á Coroa.[5]
- O poder executivo recae en El-Rei, que nomea ao xefe de gobrerno e aos ministros.
- O poder lexislativo é compartido entre as Cortes e El-Rei,[6] aínda que este ten dereito de veto e pode disolve-las Cámaras.[7]
- As Cortes son bicamerais:[8] estaban compostas por un Senado, formado por designación real, e un Congreso, elixido por sufraxio.
- O poder xudicial, aplica as leis nos xuízos e os xuíces eran elixidos por oposición.
- Estado moi centralizado: concellos e deputacións provinciais estaban baixo control gobernamental.[9]
- As liberdades políticas dos cidadáns eran recoñecidas, pero foron restrinxidas polas leis ordinarias.
- Proclamábase a confesionalidade católica do Estado, aínda que se permitía o culto privado das outras relixións.[10]
- Non se define respecto do tipo de sufraxio, nin sobre o tipo de sistema electoral. En 1890, durante o goberno de Sagasta, o sufraxio convértese en universal masculino.