O Consello de Cooperación para os Estados Árabes do Golfo (en árabe: مجلس التعاون لدول الخليج العربي), coñecido orixinalmente (e aínda coloquialmente) como o Consello de Cooperación do Golfo (CCG, مجلس التعاون الخليجي), é unha unión rexional política e económica intergobernamental de todos os estados árabes do golfo Pérsico (Bahrain, Kuwait, Omán, Qatar, Arabia Saudita e os Emiratos Árabes Unidos), agás Iraq.[1][2] A Carta do CCG asinouse o 25 de maio de 1981, establecendo formalmente a institución.[3]

Datos rápidos Localización, Poboación ...
Modelo:Xeografía políticaConsello de Cooperación do Golfo
Thumb
Thumb

Localización
Thumb
Thumb Editar o valor en Wikidata
Poboación
Lingua oficiallingua árabe Editar o valor en Wikidata
Creación1981 Editar o valor en Wikidata
Organización política
Membro de

Páxina webgcc-sg.org… Editar o valor en Wikidata
Instagram: gccprotocol Editar o valor en Wikidata
Pechar

Todos os estados membros actuais son monarquías: tres monarquías constitucionais (Qatar, Kuwait e Bahrain),[4][5] dúas monarquías absolutas (Arabia Saudita e Omán) e unha monarquía federal (os Emiratos Árabes Unidos, composta por sete estados membros, cada un dos cales é unha monarquía absoluta co seu propio emir). Houbo discusións sobre a futura adhesión de Xordania, Marrocos e o Iemen.[6][7]

Arabia Saudita presentou unha proposta en 2011 para transformar o CCG nunha "Unión do Golfo" cunha coordinación económica, política e militar máis estreita, un movemento destinado a contrarrestar a influencia iraniana na rexión.[8][9] Outros países presentaron obxeccións contra a proposta.[10][11] En 2014, o primeiro ministro de Bahrain, Khalifa bin Salman Al Khalifa, dixo que os sucesos actuais na rexión destacaban a importancia da proposta..[12] O Escudo da Península, brazo militar do GCC, formouse en 1984.

Para reducir a súa futura dependencia do petróleo, os estados do CCG están a levar a cabo unha reforma estrutural económica sen precedentes.[13]

Fundación

A unión orixinal de 2 673 110 km2 comprendía Bahrain, Kuwait, Omán, Qatar, Arabia Saudita e os Emiratos Árabes Unidos. O acordo económico unificado entre os países do Consello de Cooperación do Golfo asinouse o 11 de novembro de 1981 en Abu Dhabi. Estes países adoitan denominarse "estados do CCG" ou "países do Golfo".

Obxectivos

En 2001, o Consello Supremo do CCG estableceu os seguintes obxectivos:

  • Unión aduaneira en xaneiro de 2003
  • Mercado común contra 2007
  • Moeda común contra 2010[14][15][16][17]

Omán anunciou en decembro de 2006 que non sería capaz de cumprir a data prevista de 2010 para unha moeda común. Tralo anuncio de que o banco central da unión monetaria estaría situado en Riad (Arabia Saudita) e non nos Emiratos Árabes Unidos, estes anunciaron a súa retirada do proxecto de unión monetaria en maio de 2009. Propúxose o nome khaleeji para esta moeda. De realizarse, a unión monetaria do CCG sería a segunda unión monetaria supranacional máis grande do mundo, medida polo PIB da área de moeda común.[15]

Outros obxectivos declarados inclúen:

  • Formular regulacións similares en campos como a relixión, as finanzas, o comercio, as aduanas, o turismo, a lexislación e a administración
  • Fomento do progreso científico e técnico na industria, na minaría, na agricultura, na auga e nos recursos animais
  • Establecemento de centros de investigación científica
  • Creación de empresas conxuntas
  • Exército unificado (Escudo da Península)
  • Fomento da cooperación do sector privado
  • Fortalecemento dos lazos entre os pobos

Esta área ten algunhas das economías de máis rápido crecemento do mundo, principalmente debido a un boom dos ingresos polo petróleo e polo gas natural xunto cun boom da construción e do investimento apoiado por décadas de ingresos aforrados do petróleo. Nun esforzo por construír unha base impoñible e unha base económica antes de que se esgoten as reservas, as ramas de investimento dos Emiratos Árabes Unidos, incluída a Autoridade de Investimento de Abu Dhabi, conservan máis de 900 000 millóns de dólares en activos. Outros fondos rexionais tamén teñen varios centos de miles de millóns de dólares en activos xestionados.

A rexión é un punto emerxente de eventos, incluídos os Xogos Asiáticos de 2006 en Doha, Qatar. Doha tamén presentou unha solicitude sen éxito para os Xogos Olímpicos de verán de 2016. Posteriormente, Qatar foi elixido para organizar a Copa Mundial da FIFA 2022.

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.