Riad
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Riad[1] (en árabe الرياض ar-Riyāḍ, «Xardíns») é a capital e maior cidade de Arabia Saudita. Situada no centro da península arábiga, no medio dunha rexión semidesértica, tivo a súa orixe coma oasis en época preislámica, pero o seu desenvolvemento e importancia veu coa elección do lugar pola dinastía saud coma sede capital no 1824.
Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2018.) |
الرياض (ar) الخفجي (ar) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Arabia Saudita | ||||
Provincia | Provincia de Riad | ||||
Capital de | |||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 7.009.100 (2022) (3.898,28 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 1.798 km² | ||||
Altitude | 612 m | ||||
Creación | século XVIII | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 11564–12665 | ||||
Fuso horario | |||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | riyadh.sa… | ||||
Despois de 1940, a riqueza xerada pola explotación das enormes reservas petrolíferas do país, ten convertido a súa capital nunha metrópole que se achega aos 4.600.000 de habitantes (2008 est.).
As tribos nativas de Tasm e Jadees tiñan un primitivo asentamento no lugar, Yamamah, un oasis con riqueza de acuíferos na metade dos desertos arábigos. Coa chegada da tribo dos Bani Hanifa floreceu unha vila no lugar co nome de Hajar (ou Hajr), pasando o de Yamamah a denominar a rexión.
Así Hajr al-Yamamah foi a capital da provincia central da península arábiga co advento dos califatos islámicos. Puido ter fortaleza e murallas, tamén canais, citados polo viaxeiro Ibn Battuta no século XIV cando xa estaba a declinar (perdera a capitalidade provincial no século IX en beneficio da próxima Al-Kharj). Semella que nos séculos seguintes o lugar disgregouse en varios asentamentos (os máis importantes Muqrin e Mikal, inda que conservou a denominación de Hajr).
Nos séculos XVI e XVII comeza a aparecer o nome de Riad pero non foi ata 1737 cando Deham ibn Dawwas tomou o control da área arrodeando o conxunto de barrios cunha muralla e facendo así de Ar-Riyad unha vila.
Entre 1744 e 1774 resistiu os ataques dunha alianza liderada por Muhammad ibn Saud que finalmente se apoderou da rexión creando o Primeiro Estado Saudita con capital en Diriyah (15 km ao noroeste).
O Imperio Otomán destruíu Diriyah en 1818 pero acto seguido, en 1823, Turki ibn Abdallah fundou o Segundo Estado Saudita baixo administración otomá, elixindo Riad coma nova capital. Erixiu a mesquita da vila e un pazo de goberno ademais de arrodeala cunha nova muralla [2].
En 1865 caeu no poder do clan rival dos Al Rashid de Ha'il (vila ao norte) que en 1891 remataron co Segundo Estado Saudita. Neste período foi construída a fortaleza al-Masmak no interior da vila (ao nordeste)[3][4].
En 1902 Abdulaziz ibn Saud tomou o forte Masmak reconquistando a cidade e dando comezo ao que en 1932 vaise constituír coma moderno reino de Arabia Saudita, do que Riad volveu ser elixida capital.
Apenas unha vila tribal ata o século XX e aínda unha pequena cidade en 1935 (30.000 hab.), Riad tivo que enfrontarse á conformación dunha moderna urbe no medio do deserto [5]. A descuberta e explotación dos inmensos recursos petrolíferos do país axudou a unha das transformacións urbanas máis dramáticas do século pasado [6][7][8], no que a capital se converteu nunha metrópole de cinco millóns de habitantes que segue a crecer (agárdase que chegue aos dez millóns de habitantes no 2020).
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.