subfamilia dos colúmbidos From Wikipedia, the free encyclopedia
A dos columbinos (Columbinae) é unha subfamilia de aves pertencente á subclase das neornites, infraclase dos neognatos, superorde das neoaves, granorde dos columbimorfos, e orde das columbiformes.
Columbinae Columbinos | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Columba livia | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||||||||||
|
De distribución mundial, é a subfamilia que inclúe a maior cantidade de xéneros da familia.
A subfamilia foi descrita en 1820 polo zoólogo inglés William Elford Leach, na súa obra Synopsis of the Contents of the British Museum: Eleventh Room. 17th edition. Londres: British Museum.
A maioría dos autores recoñecen na subfamilia os xéneros seguintes:[1][2][3]
Tamén se coñecen tres xéneros monotípicos:
Porén, algúns autores inclúen catro xéneros: Geotrygon, Leptotila, Starnoenas e Zenaida na subfamilia Leptotilinae, que para a maioría é a tribo dos Zenaididini.[4]
A pomba é unha das especies que parece ter evolucionado co home desde a prehistoria. É difícil coñecer a densidade da poboación colombina prehistórica, pero sabemos que a prima norteamericana da pomba europea, a pomba viaxeira, constituíu até o século XVIII grandes poboacións en América do Norte onde só era cazada ocasionalmente polos amerindios. Os seus voos ocultaban o sol, segundo os cronistas. Cando a súa caza, nos tempos da colonización do medio oeste estadounidense se desenvolveu rápida e facilmente, xa que era pouco temerosa do home, trens enteiros cheos de cadáveres de pombas salvaxes foron enviados ás grandes cidades, até a súa extinción relativamente brutal ao final do século XIX.
A pomba foi domesticada desde a prehistoria. Desde a antigüidade, os militares utilizárona para transmitiren mensaxes. Tamén se usaban desde esa época para a alimentación.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.