From Wikipedia, the free encyclopedia
As colectividades francesas de ultramar (francés: collectivité d'outre-mer ou COM), como as rexións francesas, son divisións administrativas de Francia de primeira orde. As COMs inclúen algúns ex territorios de ultramar franceses e outras entidades de ultramar francesas cun estatuto particular. Todas se converteron en COMs logo da reforma constitucional do 28 de marzo de 2003.
A 31 de marzo de 2011, había cinco COMs (colectividades de ultramar) :
Mayotte foi unha COM desde 1976 ata o 31 de marzo de 2011, cando se converteu nun departamento de ultramar.[1]
Nova Caledonia foi clasificada como un territorio de ultramar a partir de 1946, pero como resultado do Acordo de Nouméa de 1998, logrou un status especial (particulier statut ou statut original) en 1999. Estableceuse a cidadanía de Nova Caledonia, e iniciouse unha transferencia gradual do poder do Estado francés á propia Nova Caledonia, que durará de quince a vinte anos.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.