Coeficiente
factor multiplicativo dos termos dunha expresión / From Wikipedia, the free encyclopedia
En matemáticas, un coeficiente é un factor multiplicativo implicado nalgún termo dun polinomio, dunha serie ou dunha expresión. Pode ser un número, nese caso coñécese como factor numérico.[1] Tamén pode ser unha constante con unidades de medida, na que se coñece como multiplicador constante.[1] En xeral, os coeficientes poden ser calquera expresión (incluíndo variabeis como a, b e c). [2][1] Cando a combinación de variabeis e constantes non está necesariamente implicada nun produto, pódese chamar parámetro.[1]
Por exemplo, o polinomio ten coeficientes 2, −1 e 3, e as potencias da variable
no polinomio
teñen coeficientes
,
, e
.
O coeficiente constante, ou termo constante ou constante é a cantidade non ligada ás variables nunha expresión. Por exemplo, os coeficientes constantes das expresións anteriores son o número 3 e o parámetro c, respectivamente. O coeficiente asociado ao grao máis alto da variábel nun polinomio denomínase coeficiente principal. Por exemplo, nas expresións anteriores, os coeficientes principais son 2 e a, respectivamente.
Por exemplo, no polinomiocon variabeis
e
, os dous primeiros termos teñen os coeficientes 7 e −3. O terceiro termo 1.5 é o coeficiente constante. No último termo, o coeficiente é 1 e non está escrito explicitamente.
Cando un escribexeralmente asúmese que x é a única variable, e que a, b e c son parámetros; así o coeficiente constante é c neste caso.
Calquera polinomio nunha única variable x pódese escribir comopara algún número enteiro non negativo
, onde
son os coeficientes. Isto inclúe a posibilidade de que algúns termos teñan un coeficiente 0; por exemplo, en
, o coeficiente de
é 0, e o termo
non aparece explicitamente.