![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/b7/4xgh.jpg/640px-4xgh.jpg&w=640&q=50)
Citrato sintase
From Wikipedia, the free encyclopedia
A citrato sintase (número EC: 2.3.3.1 [antes 4.1.3.7]) é un encima presente en case todos os seres vivos, que actúa no primeiro paso do ciclo do ácido cítrico ou de Krebs, onde é un encima limitante que controla a velocidade do ciclo.[1] Cataliza a reacción de condensación do residuo acetato de dous carbonos procedente do acetil-CoA e unha molécula de oxalacetato (de 4 carbonos) para formar citrato (de 6 carbonos).[1] O oxalacetato será rexenerado unha vez completada uha rolda de reaccións do ciclo do ácido cítrico.
![]() | |
Hexámero de citrato sintase de Burkholderia thailandensis | |
Citrato sintase | |
Identificadores | |
Símbolo | CS |
Entrez | 1431 |
HUGO | 2422 |
OMIM | |
UniProt | O75390 |
Outros datos | |
Número EC | 2.3.3.1 |
Locus | Cr. 12 p11-qter |
Nas células eucarióticas, a citrato sintase está localizada dentro da matriz mitocondrial, pero está codificada nos cromosomas do núcleo (non no ADN mitocondrial), sintetízase nos ribosomas do citoplasma e despois é levado á mitocondria. A citrato sintase utilízase como un encima cuantitativo marcador da presenza de mitocondrias intactas.
acetil-CoA + oxalacetato + H2O → citrato + CoA-SH
O oxalacetato é o primeiro substrato que se une a este encima. Isto induce un cambio de conformación no encima, o cal crea un sitio de unión para o acetil-CoA. Cando se une fórmase un citroíl-CoA e ten lugar outro cambio conformacional que causa a hidrólise do tioéster e a liberación do coencima A. Isto asegura que a enerxía liberada na rotura do enlace tioéster impulse a condensación.