Cicely L. Tyson, nada en Harlem en 1924 e finada o 28 de xaneiro de 2021,[1] foi unha actriz e ex modelo estadounidense. Nunha carreira que se estendeu por máis de sete décadas, fíxose célebre pola súa interpretación de mulleres fortes afroamericanas.[2][3] Tyson recibiu tres Primetime Emmy Awards, catro Black Reel Awards, un Screen Actor Guild Award, un premio Tony e un Óscar Honorífico.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Cicely Louise Tyson 19 de decembro de 1924 Bronx, Estados Unidos de América |
Morte | 28 de xaneiro de 2021 (96 anos) Nova York, Estados Unidos de América |
Lugar de sepultura | Cemiterio de Woodlawn |
Datos persoais | |
Residencia | Malibú |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Grupo étnico | Afroamericano |
Relixión | Catolicismo e baptismo |
Educación | Bayard Rustin Educational Complex (en) The New School (pt) |
Altura | 1.613 mm |
Cor dos ollos | Castanho escuro (pt) |
Cor do pelo | Pelo negro |
Actividade | |
Ocupación | actriz de teatro , modelo , actriz de televisión , actriz de cinema , actriz de dobraxe |
Período de actividade | 1950 - 2021 |
Membro de | |
Lingua | Lingua inglesa |
Patrimonio estimado | 10.000.000 $ |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Miles Davis (1981–1988), divorcio |
Parentes | Louis Farrakhan (pt) (curmán) Lenny Kravitz (afillado) |
Premios
| |
|
Traxectoria
Tras aparecer en pequenos papeis no cinema e na televisión no principio da súa carreira, Tyson recibiu atención polo público e a crítica pola súa interpretación de Rebecca Morgan en Sounder (1972), pola que foi candidata ao Óscar e ao Globo de Ouro. O seu traballo como protagonista no telefilme de 1974 The Autobiography of Miss Jane Pittman valeulle eloxios e premios, como dous Emmy e unha candidatura ao premio da BAFTA.
Tyson continuou a actuar no cinema e na televisión no século XXI. En 2011, interpretou o papel de Constantine Jefferson no filme The Help e tamén realizou o papel de Ophelia Harkness no drama legal da ABC How to Get Away With Murder dende o comezo da serie.
Ademais da súa carreira na pantalla, Tyson apareceu en varias producións teatrais. Recibiu un Drama Desk Award en 1962 polo seu traballo no Off-Broadway en Moon on a Rainbow Shawl. Tamén apareceu como Carrie Watts na obra de Broadway The Trip to Bountiful, pola que gañou o Tony, o Outer Critics Award e o Drama Desk Award á mellor actriz en 2013.
Tyson foi honrada polo Kennedy Center en 2015 e en novembro de 2016 recibu a Medalla Presidencial da Liberdade, o máis alto honor para un civil nos Estados Unidos.
Vida persoal
Tyson saíu por primeira vez co trompetista de jazz Miles Davis na década de 1960, mentres el estaba a divorciarse da bailarina Frances Davis.[4] Davis empregou unha fotografía de Tyson para o seu álbum de 1967, Sorcerer. Davis dixo a prensa en 1967 que intentou casar con Tyson en marzo de 1968 despois de que o seu divorcio finalizase,[5] mais casou coa cantante Betty Davis ese mesmo setembro.[6] Tyson e Davis retomaron a súa relación en 1978 e casaron o 26 de novembro de 1981 nunha cerimonia presidida polo alcalde de Atlanta Andrew Young na casa do actor Bill Cosby. O matrimonio foi tumultuoso polo temperamento volátil de Davis e as súas infidelidades.[7] Davis conta que Tyson salvou a súa vida e axudouno a superar a súa adicción á cocaína.[7] Viviron entre Malibú e Nova York, ata que ela solicitou o divorcio en 1988.[8] O proceso de divorcio finalizou en 1989, dous anos antes da morte de Davis.[7]
Tyson foi membro da irmandade Delta Sigma Theta.[9]
Filmografía
Ano | Título | Personaxe | Notas |
---|---|---|---|
1956 | Carib Gold | Dottie | |
1958 | Odds Against Tomorrow | Jazz Club bartender | |
1959 | The Last Angry Man | Girl Left on Porch | Sen acreditar |
1966 | A Man Called Adam | Claudia Ferguson | |
1967 | The Comedians | Marie Therese | |
1968 | The Heart Is a Lonely Hunter | Portia | |
1972 | Sounder | Rebecca Morgan | |
1976 | The Blue Bird | Tylette, The Cat | |
1976 | The River Niger | Mattie Williams | |
1978 | A Hero Ain't Nothin' but a Sandwich | Sweets | |
1979 | The Concorde ... Airport '79 | Elaine | |
1981 | Bustin' Loose | Vivian Perry | |
1991 | Fried Green Tomatoes | Sipsey | |
1997 | Hoodlum | Stephanie St. Clair | |
2001 | The Double Dutch Divas! | Ela mesma | Curtametraxe; sen acreditar |
2005 | Because of Winn-Dixie | Gloria Dump | |
2005 | Diary of a Mad Black Woman | Myrtle | |
2006 | Madea's Family Reunion | Myrtle | |
2006 | Fat Rose and Squeaky | Celine | |
2006 | Idlewild | Mother Hopkins | |
2007 | Rwanda Rising | Voice of Jeanette Nyirabagarwa | Documental |
2009 | Up from the Bottoms: The Search for the American Dream | Narradora | Documental |
2010 | Why Did I Get Married Too? | Ola | |
2011 | The Help | Constantine Jefferson | |
2012 | Alex Cross | Regina "Nana Mama" Cross | |
2013 | The Haunting in Connecticut 2: Ghosts of Georgia | Mamma Kay | |
2016 | Showing Roots | Hattie | |
2017 | Last Flag Flying | Mrs. Hightower | |
2020 | A Fall from Grace | Alice |
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.