From Wikipedia, the free encyclopedia
Christopher Andrew "Christy" Moore, nado en Newbridge, no condado de Kildare, Irlanda, o 7 de maio de 1945,[1] é un cantante folk irlandés, compositor e guitarrista. É un dos membros fundadores de Planxty e Moving Hearts. O seu primeiro álbum, Paddy on the Road foi gravado con Dominic Behan en 1969. En 2007, foi nomeado como o músico vivente máis grande de Irlanda nos People of the Year Awards de RTÉ.[2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de maio de 1945 (79 anos) Newbridge, Irlanda (pt) |
Educación | Newbridge College (en) |
Actividade | |
Ocupación | cantante, guitarrista, músico, compositor de cancións, artista discográfico |
Período de actividade | 1969 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Música celta |
Instrumento | Guitarra e voz |
Familia | |
Irmáns | Luka Bloom |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Páxina web | christymoore.com |
Comezou traballando nun banco. Durante unha folga, en 1966, que durou doce semanas, marchou a Inglaterra e abandonou o banco. "Tiven un tempo salvaxe e marabilloso en Inglaterra, sen director de banco que ollase sobre o meu ombro" afirmou nunha ocasión. Despois, tivo varios traballos temporais e comezou a frecuentar os clubs folks e os pubs de música irlandeses coñecendo a Seamus Ennis, Margaret Barry, Luke Kelly, Martin Byrnes e moitos outros músicos tradicionais.[3] Cando o trío de canto irlandés The Grehan Sisters, con quen Moore trabara contacto anteriormente, se mudou de Dublín ao norte de Inglaterra, en 1967, botáronlle unha man a Moore dándolle algunhas colaboracións nos seus concertos. Fixo o seu debut no Wellgreen Folk Club en Manchester o 4 de maio de 1967.[4]
No 1968, retornou a Irlanda comezando no circuíto de concertos. En 1973, produciuse o seu primeiro lanzamento importante, Prosperous, que reuniu aos catro músicos que pouco despois formarían Planxty: Liam O'Flynn, Andy Irvine e Dónal Lunny e el mesmo. Durante un tempo, chamáronse a si mesmos "CLAD", un acrónimo dos seus nomes, mais pronto mudárono a Planxty.[3]
En 1975, abandonou Planxty e continuou a súa carreira en solitario, retornando de cando en vez á súa vella banda, feito que repite en ocasións. En 1980, creou a banda Moving Hearts con Lunny e outros cinco outros músicos. En 1987 lanzou "Ride On" no que aparece a popular canción "Viva la Quinta Brigada", en homenaxe aos irlandeses comprometidos co bando republicano na guerra civil española.[4] Tamén, en 1987 apareceu en Gay Byrne's The Late Late Show actuando xunto con The Dubliners polo seu vixésimo quinto aniversario. En 2000, publicou a súa autobiografía, One Voice.[3]
O anterior estilo de vida Moore tivo consecuencias sobre a súa saúde. Os problemas co alcol e as posteriores operacións cardíacas tiveron como consecuencia que a finais da década de 1990, tivera que aminora-la carga de traballo por consello médico.[3] Precisamente, algunhas das súas composicións están fortemente influídas pola bebida e os seus efectos, sendo un bo exemplo a canción "Delirium Tremens".
O 17 de abril de 2009, Moore lanzou o seu novo álbum de estudio en catro anos, titulado Listen, e promocionouno cunha xira de concertos.[5]
En decembro de 2011, Moore lanzou o álbum Folk Tale. O seguinte, titulado Where I Come From foi lanzado en novembro de 2013 e contén unha nova canción de protesta titulada "Arthur's Day". O álbum chegou ao número tres nas listas de álbums irlandeses.[6] En novembro de 2017, lanzou On the Road e, o máis recente Magic Nights, foi editado en novembro de 2019.
É coñecida postura de Moore a prol do republicanismo irlandés de esquerda malia que a súa nai foi concelleira e candidata parlamentaria por Kildar polo Fine Gael.[7] Apoiou ao manifestantes republicanos de H-Block cos álbums H-Block en 1978, cuyo lanzamiento foi evitado pola policía e The Spirit of Freedom.[8] Tamén ten gravado cancións a prol da folga de fame de Bobby Sands, incluyendo "Back Home in Derry", baseada na canción de Gordon Lightfoot "The Wreck of the Edmund Fitzgerald". En 1987, deixou de apoiar as actividades militares do IRA como consecuencia das bombas de Enniskillen.[9]
Entre as cancións de temática política que interpretou ao longo da súa carreira, destacan "On the Blanket" de Mick Hanly sobre as protestas dos prisioneiros republicanos; "Viva la Quinta Brigada", sobre os irlandeses que loitaron na Guerra civil española contra Franco e "Minds Locked Shut" sobre o Domingo sanguento en Derry.
Moore ten respaldado unha ampla lista de causas de esquerda que van dende O Salvador até Mary Robinson nas eleccións presidenciais de 1990.[3] No Festival de Glastonbury en 2005, cantou sobre a activista solidaria pro-Palestina Rachel Corrie. Apoiou o movemento antinuclear en Irlanda tocando en moitos concertos e festivais en Carnsore Point.
"They Never Came Home" é unha canción sobre o incendio, en 1981, da discoteca Stardust onde 48 persoas morreron. A canción foi gravada no álbum de Ordinary Man e lanzada como cara B nun sinxelo en 1985. A canción conseguiu unha gran notoriedade cando Moore foi levado aos tribunais por queixas do prexuízo causado a un caso xudicial que determinaba as compensacións. A canción afirmaba "centos de nenos resultaron feridos e mutilados, e todo porque as saídas de emerxencia estaban encadeadas". O álbum foi retirado das tendas e Moore tivo que paga-las costas. Posteriormente, gravou "Another Song is Born" para o novo lanzamento do disco. "They Never Came Home" apareceu máis tarde na súa caixa e no disco Where I come from.[10][11]
O seu estilo como cantante solitario componse de ritmos con guitarra e bodhrán así como baladas lentas.
Barry o irmán de Moore, cuxo nome artístico é Luka Bloom, é tamén un exitoso cantante e compositor.[12] O seu sobriño, Conor Byrne, é tamén un talentoso frautista tradicional e intérprete de tin whistle, aparece con Christy no seu álbum Wind Dancer .
En outubro de 2004, Moore foi detido por axentes da Rama Especial no porto galés de Holyhead, levárono a unha oficina e foi interrogado sobre as letras das súas cancións.[13][14] O día seguinte, emitiu un comunicado no que afirmaba: "O luns pasado, o meu condutor e mais eu fomos detidos e retidos durante dúas horas en Holyhead baixo a Prevention of Terrorism Act 2002 (en galego, Lei de Prevención do Terrorismo de 2002). Estivemos en dúas salas de interrogatorio. Atopei a experiencia moi ameazante. Preguntáronme sobre o contido do meu maletín". A pesar de iniciais informes sospeitosos, a furgoneta do cantante, que estaba chea de equipamento musical, non foi rexistrada. "Preguntáronme sobre as letras das cancións, fixéronme moitas preguntas de cuestións persoais sobre membros da miña familia, dos meus fillos e sobre o meu fogar. En ningún momento, me deron ningunha explicación sobre a causa da detención nin do interrogatorio", engadiu. Dixo que tiña unha sensación de tristura porque pensaba que "este tipo de comportamento crra aos irlandeses que viaxjaban ao Reino Unido era cousa do pasado".[13] Tiña a esperanza de tratar este asunto fóra do dominio público pero, dado que se converteu en noticia, sinto a necesidade de ofrece-la miña versión deste asunto. Atopei toda a situación bastante aterradora".[15]
En xuño de 2007, Moore foi invitado a un programa de radio da BBC Desert Island Discs.[9] Seleccionou principalmente música folk irlandesa que lle inspiraba e falou de asuntos persoais e políticos que influíron na súa vida.
Unha canción escrita en 2010, "Lisdoonvarna" entrou no Penguin Book of Irish Poetry [16]
O domingo 10 de xullo de 2011, Moore uniuse a Coldplay no escenario do Festival Oxegen 2011, interpretando a canción "Ride On".
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.