From Wikipedia, the free encyclopedia
Mary Therese Winifred Robinson (de solteira, Bourke; en irlandés: Máire Bean Mhic Róibín[1]), nada en Ballina o 21 de maio de 1944 é unha política e avogada irlandesa. En 1990 foi elixida Presidenta da República de Irlanda, a primeira muller que accedía á Xefatura do Estado nese país e a primeira presidenta que non tivo o apoio do Fianna Fáil.[2]
Nome orixinal | (ga) Máire Mhic Róibín |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (en) Mary Therese Winifred Bourke 21 de maio de 1944 (80 anos) Ballina, Irlanda |
Alta Comisionada das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos | |
12 de setembro de 1997 – 12 de setembro de 2002 ← José Ayala Lasso (en) – Sérgio Vieira de Mello → | |
7ª Presidente de Irlanda | |
3 de decembro de 1990 – 12 de setembro de 1997 ← Patrick Hillery – Mary McAleese → | |
Senador da Irlanda (pt) | |
25 de abril de 1987 – 5 de xullo de 1989 Lexislatura: 18th Seanad (en) Circunscrición electoral: University of Dublin (en) | |
Senador da Irlanda (pt) | |
23 de febreiro de 1983 – 3 de abril de 1987 Lexislatura: 17th Seanad (en) Circunscrición electoral: University of Dublin (en) | |
Senador da Irlanda (pt) | |
13 de maio de 1982 – 21 de decembro de 1982 Lexislatura: 16th Seanad (en) Circunscrición electoral: University of Dublin (en) | |
Senador da Irlanda (pt) | |
8 de outubro de 1981 – 16 de abril de 1982 Lexislatura: 15th Seanad (en) Circunscrición electoral: University of Dublin (en) | |
Senador da Irlanda (pt) | |
27 de outubro de 1977 – 16 de xullo de 1981 Lexislatura: 14th Seanad (en) Circunscrición electoral: University of Dublin (en) | |
Senador da Irlanda (pt) | |
1 de xuño de 1973 – 22 de xuño de 1977 Lexislatura: 13th Seanad (en) Circunscrición electoral: University of Dublin (en) | |
Senador da Irlanda (pt) | |
5 de novembro de 1969 – 30 de abril de 1973 Lexislatura: 12th Seanad (en) Circunscrición electoral: University of Dublin (en) | |
Datos persoais | |
Residencia | Zürich Irlanda |
País de nacionalidade | Irlanda |
Relixión | Catolicismo |
Educación | Trinity College Dublín Universidade de Columbia Harvard Law School (pt) Mount Anville Secondary School (en) |
Actividade | |
Ocupación | política , profesora universitaria , xurista , Barrister |
Empregador | Universidade de Columbia Universidade de Pretória (pt) |
Partido político | Partido Laborista |
Membro de | |
Lingua | Lingua inglesa e lingua irlandesa |
Familia | |
Cónxuxe | Nicholas Robinson |
Premios
| |
Naceu no condado de Mayo en 1944, filla de dous médicos irlandeses.[3] Estudou no colexio Colegio Mount Anville de Dublín e licenciouse en dereito polo Trinity College de Dublín. Continuou a súa formación no King´s Inns, Dublín e despois na Universidade Harvard. En 1969 foi nomeada Reid Professor of Law polo Trinity College onde estudara[4] Crítica con algunhas ensinanzas da Igrexa Católica, deu un discurso de aceptación no que pedía unha revisión da lei, suprimíndose a prohibición do divorcio na constitución irlandesa, eliminando a prohibición do uso dos anticonceptivos e despenalizando a homosexualidade e o suicidio.[5]
En 1970, casou con Nicholas Robinson, co que mantiña unha relación dende que eran compañeiros en dereito.[6] O seu matrimonio cun protestante, causou desavinzas cos seus proxenitores, que non acudiron á voda. As desavinzas superáronas nos meses seguintes.[6]
En 1975 comezou a súa carreira profesional como avogada e iniciou a carreira política coa elección ao Dublin City Council entre 1979 e 1983. Con todo, xa fora coñecida por ser un dos tres membros Seanad Éireann escollidos pola Universidade de Dublín, como senadores independentes, en 1969.[7]
O 3 de decembro de 1995 foi elixida presidenta da República de Irlanda como independente, co apoio do Partido Laborista e o Partido dos Traballadores. Durante o seu mandato destacou a preocupación que mostrou polos irlandeses que, no transcurso dos anos, tiveran que marchar ao exterior para buscar traballo. Mellorou notablemente as relacións angloirlandesas, sendo a primeira Xefa de Estado irlandesa que visitaba a raíña Isabel II no Palacio de Buckingham. Foi tamén unha activa defensora dos dereitos humanos, e foi a primeira Xefa de Estado que visitou Haití tralo xenocidio. Estivo ademais en Marrocos en pleno período de crise en 1992 e apoio a creación do Tribunal Penal Internacional.
Ao finalizar a súa etapa presidencial, o Secretario Xeral das Nacións Unidas, Kofi Annan, nomeouna Alta Comisionada das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos o 12 de setembro de 1998, ocupando o cargo ata 2005.
En 2006 foi elixida presidenta do programa Iniciativa para unha Globalización Ética, organización internacional encargada de facer presión aos gobernos que asinaron acordos internacionais sobre protección dos dereitos humanos para o seu cumprimento. Foi profesora da Universidade de Columbia e profesora extraordinaria da Universidade de Pretoria. En 2008 foi elixida presidenta da Comisión Internacional de Xuristas. Foi ademais presidenta do Club de Madrid, e membro de The Elders.
Entre os recoñecementos recibidos durante a súa vida destacan, a nivel profesional, o premio da Facultade de Dereito de Harvard (1995) e diversas condecoracións das universidades de Londres, Coímbra, California e Salamanca. É doutora honoris causa por trinta e unha universidades de todo o mundo.
A nivel político e social recibiu o Colar Hussein Bin Ali de Xordania, o premio Liberdade da Fundación Max Schmidheiny de Suíza), o Premio Fomento da Paz Félix Houphouët-Boigny da UNESCO, o Premio Indira Gandhi pola Paz, o Desarme e o Desenvolvemento (2000), o de Embaixadora de Conciencia (2004) que outorga Amnistía Internacional e o Premio Príncipe de Asturias de Ciencias Sociais (2006) e a Medalla Presidencial da Liberdade (2009).[8]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.