From Wikipedia, the free encyclopedia
China (chinés tradicional: 中國; chinés simplificado: 中国; Pinyin: Jhongguó; Hanyu Pinyin: Zhōngguó (axuda · info); Wade-Giles (chinés mandarín): Chung¹kuo²) é unha rexión cultural, unha civilización antiga e, dependendo da perspectiva, unha entidade nacional ou multinacional que se estende por gran parte da Asia Oriental.
A última guerra civil chinesa (finalizada en 1949) conduciu á aparición de dúas entidades políticas que utilizan o nome "China":
China é o berce dunha das civilizacións continuas máis antigas do mundo, presente en estados e culturas que se remontan até seis milenios atrás. Posúe o sistema de escritura de uso continuo máis antigo e foi o lugar onde se produciron numerosos inventos de moita importancia, tanto é así que o erudito británico Joseph Needham denominou as "catro grandes invencións da China Antiga": o papel, o compás, a pólvora e a imprenta. Historicamente, a esfera cultural da China estendeuse a través do leste de Asia en todas as súas formas: a súa relixión, os seus costumes e o seu sistema de escritura foron adoptados en diversos graos polos seus veciños, tales como o Xapón, Corea e Vietnam.
A primeira evidencia de presenza humana na rexión encontrouse na cova de Zhoukoudian, e é un dos primeiros espécimes do Homo erectus, que é máis coñecido como o home de Pequín, e que se estima que viviu aproximadamente entre 300.000 e 550.000 anos atrás.
Este artigo sobre cultura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.