![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/71/Chico_Marx_-_signed.jpg/640px-Chico_Marx_-_signed.jpg&w=640&q=50)
Chico Marx
From Wikipedia, the free encyclopedia
Leonard Joseph "Chico" Marx, nado en Nova York o 22 de marzo de 1887 e finado en Hollywood o 11 de outubro de 1961, foi un cómico, músico e actor estadounidense.[1] Foi membro dos irmáns Marx (con Groucho, Harpo e Zeppo). A súa personaxe era a dun artista encantador, inculto mais astuto, aparentemente de orixe rural italiana, que levaba roupa cutre e lucía unha perruca de pelo rizado e un sombreiro tirolés. Na pantalla, Chico adoitaba estar en alianza con Harpo, normalmente como compañeiros de delito, e tamén se vía con frecuencia intentando eliminar ou superar a Groucho. Leonard era o máis vello dos irmáns Marx que sobreviviu á infancia (o primoxénito Manfred Marx falecera de neno). Ademais do seu traballo como intérprete, desempeñou un papel importante na xestión e desenvolvemento do acto nos seus primeiros anos.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Leonard Marx ![]() 22 de marzo de 1887 ![]() Manhattan, Estados Unidos de América ![]() |
Morte | 11 de outubro de 1961 ![]() Hollywood, Estados Unidos de América ![]() |
Causa da morte | doenza cardiovascular ![]() |
Lugar de sepultura | Forest Lawn Memorial Park ![]() |
Datos persoais | |
Outros nomes | Chico Marx ![]() |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América ![]() |
Actividade | |
Ocupación | humorista , actor de cinema , actor de televisión , líder de banda , pianista , actor de teatro ![]() |
Período de actividade | 1926 ![]() ![]() |
Membro de | |
Lingua | Lingua inglesa ![]() |
Instrumento | Piano ![]() |
Familia![]() | |
Cónxuxe | Mary De Vithas (1958–) Betty Karp (1917–) |
Fillos | Maxine Marx (en) ![]() ( ![]() ![]() ![]() |
Pais | Sam Marx (pt) ![]() ![]() ![]() |
Irmáns | Groucho Marx, Zeppo Marx, Harpo Marx e Gummo Marx (pt) ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |