Celeiro ou o diploma do rei Silo é o documento en pergamiño considerado como o máis antigo que se conserva na Península Ibérica, malia algún estudo chegar á conclusión de que é unha copia do IX ou X.[1] Fai referencia a unha doazón que o rei Silo lles fai a cinco frades para construíren unha igrexa[2]. O documento está confirmado polos reis Afonso II, Ramiro I, Ordoño I e Afonso III.

Datos rápidos Tamén coñecido como, Data ...
Celeiro
Arquivo da Catedral de León
Thumb
Tamén coñecido comoDiploma do rei Silo
Data775
Lugar de orixeReino de Galicia
Lingua(s)latín
Materialpergameo
Dimensións0,50 × 0,14 cm
[ modificar datos en Wikidata ]
Pechar
Thumb
Reverso do documento.

Pergamiño

O pergamiño orixinal está en lingua latina e pertence á Colección documental do Arquivo Eclesiástico da catedral de León. As características deste pergamiño son as que seguen:

  • 495×110/140 mm, cursiva visigótica, cortado de forma irregular e coa falta dun fragmento na parte inferior que lle afecta á primeira columna de confirmantes. O seu estado de conservación é bo, en xeral, aínda que o texto está desgastado e borroso nalgunha liña.
  • No dorso do pergamiño hai un texto posterior do século XVIII cunha breve descrición do pergamiño, cunha sinatura e incluíndo Atado 9º.

Descrición

Este documento é unha doazón que o rei Silo fai o 23 de agosto de 775 a cinco frades para construíren unha igrexa entre os ríos Iube (actual río Eo) e Masma, e máis concretamente entre o río Alesancia (actual río Grande, en Ribadeo) e o Mera, no lugar chamado Lucis, actualmente Celeiro de Mariñaos, no concello de Barreiros.

... in cellarium[3] nostro q. est inter iube et masoma[4] inter ribulum alesancia et mera locum que dicitur lucis determinatum de ipsa uilla ubi ipse noster mellarius habitauit espasaudus et per illum pelagum nigrum[5] et justa montem que dicitur farum et per illas sasas aluas[6] et perilla lacuna usqua in alia lacuna est usque ad petra ficta[7] et per illa lagenam[8] et per ipsum uillare que dicitur desiderii et per illum arogium que dicitur alesanciam et per alia petra ficta q. stat in montem super tabulata[9] per ipsa strata q. sclude terminum usque in locum que dicitur arcas et arogium que dicitur comasio cum omnen exitus et regreso castros duos...
Fragmento tirado da obra Crónica General del Reino de Galicia de Amor Meilán (tomo dedicado a Lugo)

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.