Covelas, Ribadeo

parroquia civil do concello de Ribadeo From Wikipedia, the free encyclopedia

Covelas, Ribadeomap

San Vicente de Covelas é unha parroquia do concello lugués de Ribadeo na comarca da Mariña Oriental. Segundo o censo en 2004 tiña 451 habitantes, agrupados en 19 entidades e un lugar, cunha densidade de poboación de 29,6 hab/km². Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 350 habitantes, sendo 164 homes e 186 mulleres.

Datos rápidos Concello, Provincia ...
Covelas
Thumb
Exterior da igrexa de S. Vicente
Thumb
ConcelloRibadeo[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas43°29′54″N 7°07′32″O
Poboación330 hab. (2020)
Entidades de poboación20[1]
[ editar datos en Wikidata ]
Pechar

Toponimia

O topónimo Covelas é un diminutivo do substantivo cova ("burata, cavidade natural do terreo") co sufixo -ela (do latín -ĕlla). Aparece documentado en textos medievais a través de formas como sanctus Uincencius de Couelas (1124), Couelas (1202, 1286), Couellas (1286, 1287), sancti Vincencii de Couelis (1373) ou San Viçenço de Cubelas (1488).[Cómpre referencia]

Xeografía

Limita ao norte coas parroquias de Vilaframil e parte da de Piñeira, ao leste coa de Ove, excepto en Vilausende -nestas o río Grande failles de separación-; ao sur, o mesmo río sepáraa de Cedofeita e o río Lexoso a separa de Arante polo oeste, xunto coa parroquia da Devesa. A parroquia pertence ao arciprestado de Ribadeo. Ten unha altitude media de 160 m.

Evolución da poboación

Thumb
Evolución do padrón de poboación de Covelas

Covelas presenta unha despoboación continuada no comezo do século XXI[2]:

total homes mulleres
2018 339 156 183
2017 343 158 185
2016 339 160 179
2015 354 165 189
2014 350 164 186
2013 359 170 189
2012 362 172 190
2011 371 177 194
2010 390 192 198
2009 403 197 206
2008 402 195 207
2007 420 198 222
2006 422 197 225
2005 436 204 232
2004 451 215 236
2003 456 215 241
2002 470 219 251
2001 468 218 250
2000 471 223 248

Entidades de poboación

As entidades de poboación son As Anzas (59), Os Batais (4), A Cabana (4), A Capela (abandonado), Os Carboeiros (4), A Casa da Hedra (10), Celeirós (3), O Esfolado (10), Marelle (9), A Ponte (5), O Pousadoiro (abandonado), Reme de Arriba (12), Sa (24), Salcedo (19), San Vicente (70), A Silveira (abandonado), Somo (7), O Vilar (19) e Vilela (90). O lugar (que xeralmente forman parte dalgunhas das entidades) é O Mondigo.

Historia

Esta documentada como 'Covellas' no s. XIII, en textos no arquivo da Catedral de Mondoñedo, aínda que xa no ano 1488 aparece como 'Cubelas', nome castelán que aínda convive na actualidade co oficial galego de Covelas. Pode derivarse de cuba, procedente do latín cupa e o sufixo diminutivo -ella, o mesmo que de cova, (latín cova), con derivación semellante, e indicando un conxunto de pequenas vlagadas que forma no terreo cara ó río Grande.[3][4] A longa tradición autóctona decántase pola primeira forma, Cubelas, contra a segunda, Covelas, escollida polo nomenclátor de Galicia.[5]

En Covelas localízase o Castro da Pumarega.[6]

En Covelas, Arante e Santalla de Vilausende concéntrase a maior parte da produción agrícola e gandeira do concello de Ribadeo. Nesta parroquia atópase o punto máis alto do concello, o monte Mondigo de 571 metros de altitude. Nel sitúanse repetidores de televisión, radio e comunicacións.

Comunicacións

A principal vía de comunicación que atravesa a parroquia é a estrada LU-133, coa desviación LU-P-5207 que a conecta coa capital do concello.

Festas

Thumb
Adro da igrexa de Covelas

A festa patronal celébrase o 22 de xaneiro, dedicada a San Vicente. O 15 de setembro celébrase a Festa da Virxe das Dores, que presenta un carácter máis festivo que a anterior.[7]

Galería de imaxes

Lugares e parroquias

Lugares de Covelas

Lugares da parroquia de Covelas no concello de Ribadeo (Lugo)

As Anzas | Os Batais | A Cabana | A Capela | Os Carboeiros | A Casa da Hedra | Celeirós | O Esfolado | Marelle | O Mondigo | A Ponte | O Pousadoiro | Reme de Arriba | Sa | Salcedo | San Vicente | A Silveira | Somo | O Vilar | Vilela

Parroquias de Ribadeo

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Ribadeo

Arante (San Pedro) | Cedofeita (Santa María Madanela) | Couxela (Santiago) | Covelas (San Vicente) | A Devesa (Santalla) | Ove (San Xoán) | Piñeira (San Xoán) | Ribadeo (Santa María) | Rinlo (San Pedro) | Santalla de Vilausende (Santalla) | Vilaframil (San Lourenzo) | Vilaselán (Santa María)

Véxase tamén

Outros artigos

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.