From Wikipedia, the free encyclopedia
A caída de Constantinopla (en grego: Ἅλωσις τῆς Κωνσταντινουπόλεως, Halōsis tēs Kōnstantinoupoleōs; en turco: İstanbul'un Fethi) ou a conquista de Bizancio, polos turcos otománs o 29 de maio de 1453[3] foi un acontecemento histórico que, segundo a periodización clásica, marca a fin da Idade Media en Europa e a fin do derradeiro vestixio do Imperio Bizantino e da cultura clásica.
Caída de Constantinopla | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Parte de Guerras otomás-bizantinas | |||||||||
Mehmed II entrando en Constantinopla, pintura de Fausto Zonaro, (1854-1929). | |||||||||
| |||||||||
Belixerantes | |||||||||
Imperio Otomán | Imperio Bizantino República de Xénova República de Venecia Reino de Sicilia Estados Pontificios Desertores otománs | ||||||||
Líderes | |||||||||
Mehmed II Zagan Pasha Suleiman Baltoghlu Hamza Bey Ulubatlı Hasan † |
Constantino XI † Loukas Notaras (executado) Theophilos Palaiologos † Giovanni Giustiniani Longo † Cardeal Isidoro (prisioneiro) Orhan Çelebi (executado) | ||||||||
Forzas en combate | |||||||||
Otománs
Infantaría: Forzas navais: |
Bizantinos Infantaría:
7 000-10 000 600 desertores otománs[2] Forzas navais: 26 naves | ||||||||
Baixas | |||||||||
Descoñecidas, mais altas. | * 4 000 mortos en total (incluíndo soldados e civís)
|
Xusto antes da conquista turca, Constantinopla era unha capital sen país: o Imperio Bizantino (Imperio Romano de Oriente), que outrora se estendía dende Persia até os Alpes, e tamén polos desertos de Asia, quedara reducido ó interior das murallas da cidade, arrodeada pola forza da nova nación turca. Constantino XI, derradeiro emperador de Bizancio, intuíu o perigo de que Constantinopla, cidade de cultura europea milenaria, caese por mor da supremacía militar dos otománs. Mehmed II, sultán dos turcos, conquistou a cidade, o cal supuxo a fin do antigo imperio bizantino e o comezo da preseza turca en Europa oriental.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.