obra literaria de Valentín Lamas Carvajal e Arturo Vázquez Núñez From Wikipedia, the free encyclopedia
O Catecismo do labrego[1] é unha obra literaria en prosa escrita por Valentín Lamas Carvajal, en colaboración con Arturo Vázquez Núñez,[2] publicada en 1889 baixo o pseudónimo de Frei Marcos da Portela.
Catecismo do labrego | |
---|---|
Autor/a | Valentín Lamas Carvajal e Arturo Vázquez Núñez |
Lingua | lingua galega |
Data de pub. | 1889 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Comezou a súa publicarse en 1888 na revista O Tio Marcos d'a Portela e levaba por título Catecismo do Gallego. O ano seguinte, 1889, editouse de xeito independente en El Eco de Orense co título completo de Catecismo da doutrina labrega composto por R. P. M. Fr. Marcos da Portela, Doutor en Teoloxía Campestre.[3]
Parodiando o Catecismo de la doctrina cristiana, do padre Gaspar Astete que era, daquela, a obra que se empregaba na catequese en Galicia,[4] un labrego responde ás preguntas que se lle fan e arremete contra o alcalde, o secretario, o cacique e as míseras condicións de vida do mundo rural denunciando a dura vida á que estaban sometidos por culpa do asoballamento destes representantes do poder estatal. Por outra banda, e a diferenza de Manuel Curros Enríquez, non critica a Igrexa.[3]
Tivo un elevado número de edicións e acadou un enorme éxito popular.[5] En 1967 publicouse na colección O Moucho de Edicións Castrelos, aínda baixo pseudónimo, e en 1968 fixéronse catro reimpresións. Posteriormente o libro apareceu na Biblioteca das Letras Galegas de Edicións Xerais de Galicia, na Biblioteca de Autores Galegos do Diario 16 de Galicia, na Biblioteca 114 de El Correo Gallego e na Biblioteca Galega 120 de La Voz de Galicia.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.