Catasterismo
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
O catasterismo é a transformación dun personaxe nunha estrela ou nunha constelación, fenómeno que se dá con certa frecuencia na mitoloxía grega. A configuración das constelacións remedando determinadas figuras, tal e coma aínda hoxe se designan, viría desta visión mitolóxica, así coma a do zodíaco.
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Dáse por certa a asimilación por parte dos gregos do zodíaco mesopotámico, transmitido a través dos persas e traducido e harmonizado cos termos coñecidos da mitoloxía grega. O esforzo fundamental nesta tradución foi a aplicación da nomenclatura dos mitos gregos para designar os nomes de estrelas individuais, asterismos coma o das Pléiades e Híades, e tamén as constelacións. Na Grecia clásica, as "estrelas divinas" e os deuses que as rexían eran entidades separadas, tal como o describe Platón; pero na cultura Helenística, a asociación foise convertendo en identificación, e así, por exemplo, Apolo non foi por máis tempo o rexente do Sol, senón Helios.
A palabra é un cultismo tomado do grego καταστερισμοί ('katasterismoi'), co significado de colocado entre as estrelas. O termo procede do título dun libro de Eratóstenes de Cirene, matemático grego do s. III a. C., residente en Alexandría, no que describía algunhas destas transformacións.
O propio Eratóstenes tería creado o catasterismo da cabeleira de Berenice, esposa de Ptolomeo Evergetes, convertendo a súa cabeleira nunha constelación de sete estrelas.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.