Carmín
composto químico / From Wikipedia, the free encyclopedia
Carmín é unha cor intensa, algo purpúrea,[1] semiescura, que é específico do pigmento homónimo.[1][2]
É un sal alumínico do ácido carmínico (C22H20O13),[3] ou, menos frecuentemente, do ácido quermésico.
O pigmento prodúcese a partir dalgúns insectos hemípteros da superfamila dos cocoideos, sobre todo da cochinilla e tamén de certas especies do xénero Porphyrophora (como P. hamelii e P. polonica, a cochinilla de Armenia e a cochinilla polaca, respectivamente). O carmín utilízase na fabricación de flores artificiais, pinturas, tintas, coloretes e outros cosméticos, e dalgúns medicamentos.[4]
Ademais, engádese habitualmente a produtos alimenticios, como iogures, doces e a certas marcas de zumes, sendo os máis notábeis os da variedade "vermello rubí".
En cosmética, reciben o nome de carmín as pastas vermellas ou avermelladas coas que se fabrican os lapis de labios e os pos para o rostro (coloretes).[1][2][5]