Ácido carmínico
composto químico / From Wikipedia, the free encyclopedia
O ácido carmínico é unha substancia química complexa utilizada como colorante vermello, que se extrae principalmente da cochinilla (Dactylopius coccus), e tamén doutros insectos.
Ácido carmínico | |
---|---|
Estrutura química do ácido carmínico | |
Carmín acético (ácido carmínico). | |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C22H20O13 |
Masa molecular | 492,39 |
Aspecto | sólido vermello |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
- Artigos principais: Carmín e Cochinilla.
Utilízase como colorante en cosméticos (lapis de labios, coloretes etc.) e, como E-120, na industria alimentaria para dar cor vermella a alimentos e a bebidas. Ademais de polo código citado, E-120, coñécese tamén como C.I. 75470 e Natural Red 004.
A primeira produción sintética do ácido carmínico por parte dos químicos orgánicos data de 1991. Pero na actualidade, debido ao seu alto prezo, está a ser substituído por colorantes sintéticos máis baratos.
Un dos substitutos do carmín de orixe animal máis amplamente utilizado é o vermello cochinilla A, Ponceau 4R ou escarlata Victoria 4R, un colorante identificado co número E-124. Trátase dun derivado azoico do petróleo, máis barato que o carmín natural.[1]
En Europa utilízase o ácido carmínico obtido a partir de insectos autóctonos polo menos desde a Idade do Ferro, segundo se deduce de roupas encontradas en tumbas da cultura de Hallstatt tinguidas de vermello probalelmente con tinuras obtidas das especies cochinilla das aciñeiras (Kermes vermilio), propia do Mediterráneo, da cochinilla de Polonia (Porphyrophora polonica), endémica del nordeste de Europa, e da cochinilla de Armenia (Porphyrophora hamelii), das rexións achegadas ao monte Ararat.[2]