composto químico From Wikipedia, the free encyclopedia
O carbonato de calcio é un composto químico, de fórmula CaCO3. É unha substancia moi abundante na natureza, formando rochas, como compoñente principal, en todas partes do mundo, e é o principal compoñente de cunchas e esqueletos de moitos organismos (p.ex. moluscos, corais) ou das cascas de ovo. É a causa principal da auga dura. En medicina utilízase habitualmente como suplemento de calcio, como antiácido e axente adsorbente. É fundamental na produción de vidro e cemento, entre outros produtos.
O carbonato cálcico comparte as propiedades típicas doutros carbonatos, notablemente:
CaCO3(s) + 2 HCl(aq) → CaCl2(aq) + CO2(g) + H2O(l)
CaCO3 → CaO + CO2
Esta reacción é importante na erosión das rochas carbonáticas, formando cavernas e xerando auga dura nesas rexións.
O carbonato cálcico é compoñente principal de moitas estruturas presentes en organismos vivos. Algúns exemplos son:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.