filme de 1950 dirixido por John Ford From Wikipedia, the free encyclopedia
Caravana de paz[2] (en inglés: Wagon Master) é un filme estadounidense de 1950 producido e dirixido por John Ford e protagonizado por Ben Johnson, Harry Carey Jr., Joanne Dru e Ward Bond. O guión conta a historia dunha caravana de pioneiros mormóns que se dirixien ó río San Juan, en Utah.[3][4] O filme inspirou a serie de televisión estadounidense Wagon Train (1957–1965), que estivo protagonizada por Ward Bond até a súa morte en 1960.[5] O filme era un dos favoritos de Ford, quen lle dixo a Peter Bogdanovich en 1967 que "Xunto con The Fugitive e The Sun Shines Bright, Caravana de paz estivo moi preto do que quería lograr".[6] Malia que a resposta da crítica e da audiencia a Caravana de paz foi morna na súa estrea, co paso dos anos a crítica chegouna a considerar unha das obras mestras de Ford.[7][8][9][10]
Caravana de paz | |
---|---|
Póster do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Wagon Master |
Director | John Ford |
Produtor | John Ford Merian C. Cooper |
Guión | Patrick Ford Frank S. Nugent |
Intérpretes |
|
Música | Richard Hageman |
Fotografía | Bert Glennon |
Montaxe | Jack Murray |
Estudio | Argosy Pictures |
Distribuidora | RKO-Radio Pictures Inc. |
Estrea | 22 de abril de 1950[1] 1 de agosto de 2020 (TVG) |
Duración | 86 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Western |
Na rede | |
Estreouse subtitulada en galego o 1 de agosto de 2020 a través da TVG.[11]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.