Peter Bogdanovich
director de cinema estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Peter Bogdanovich, nado en Kingston (Nova York) o 30 de xullo de 1939 e finado nos Ánxeles o 6 de xaneiro de 2022,[1] foi un director, guionista, actor, produtor, crítico e historiador do cinema estadounidense. Formou parte do "New Hollywood", xunto con William Friedkin, Brian De Palma, George Lucas, Martin Scorsese, Michael Cimino e Francis Ford Coppola.
Traxectoria
Bogdanovich naceu no estado de Nova York, fillo de Herma Robinson, xudía austríaca e Borislav Bogdanovich, pintor e pianista serbio ortodoxo,[2] que chegaron aos Estados Unidos en maio de 1939.[3] Comezou como actor na década de 1950, estudando con Stella Adler e aparecendo na televisión. A principios da década seguinte foi programador cinematográfico no Museum of Modern Art de Nova York.
En 1968, seguindo o exemplo do críticos de Cahiers du Cinéma decidiu converterse en director e marchou aos Ánxeles. O primeiro traballo ofreceullo o director Roger Corman. En 1971 dirixiu A derradeira película, o seu filme mellor recibido, que foi candidato a oito premios Oscar e no que tiña un papel importante a modelo de vinte e un anos Cybill Shepherd, coa que viviu un romance. Tras este filme logrou outros dous éxitos con What's Up, Doc? (1972) e Lúa de papel.
Porén, Daisy Miller ou Nickelodeon foron fracasos. En 1980 dirixiu a comedia They All Laughed, con Dorothy Stratten, antiga modelo que mantivo unha relación con Bogdanovich. Stratten foi asasinada polo seu marido, e o propio Bogdanovich tivo que encargarse da distribución do filme. Máis tarde indicou que este foi o motivo polo que se declarou en bancarrota en 1985.[4] O 30 de decembro de 1988 casou con Louise Stratten, irmá máis nova de Dorothy, de vinte anos; o matrimonio foi visto como un escándalo.[5]
Acadou un novo éxito en 1985 con Mask, pero o seguinte proxecto, a continuación de A derradeira película, titulada Texasville foi un fracaso de público e crítica. Os dous filmes provocaron desputas entre Bogdanovich e os estudios, que controlaban o financiamento e a montaxe final. Os seguintes filmes foron outros fracasos e levaron a Bogdanovich a apartarse durante anos da dirección. En 1997 declarouse de novo en bancarrota.[6]
Ademais de dirixir televisión, recuperou a interpretación cun papel recorrente como psicoterapeuta na serie The Sopranos.
Filmografía
Director
Ano | Filme | Notas |
---|---|---|
1968 | Voyage to the Planet of Prehistoric Women | Acreditado como Derek Thomas |
Targets | ||
1971 | Directed by John Ford | Documental |
A derradeira película | ||
1972 | What's Up, Doc | |
1973 | Lúa de papel | |
1974 | Daisy Miller | |
1975 | At Long Last Love | |
1976 | Nickelodeon | |
1979 | Saint Jack | |
1981 | They All Laughed | |
1985 | Mask | |
1988 | Ilegalmente teu | |
1990 | Texasville | |
1992 | Noises Off | |
1993 | The Thing Called Love | |
1996 | To Sir, with Love II | TV |
1997 | The Price of Heaven | TV |
Rescuers: Stories of Courage: Two Women | TV | |
1998 | Naked City: A Killer Christmas | TV |
1999 | A Saintly Switch | TV |
2001 | The Cat's Meow | |
2004 | The Mystery of Natalie Wood | TV |
Hustle | TV | |
2007 | Runnin' Down A Dream | Documental |
2014 | She's Funny That Way |
Actor
- Targets (1968)
- Saint Jack (1979)
- Highball (1997)
- Bella Mafia (1997)
- Mr. Jealousy (1998)
- 54 (1998)
- Coming Soon (1999)
- Festival in Cannes (2001)
- Infamous (2006)
- Dedication (2007)
- The Dukes (2007)
- The Fifth Patient (2007)
- Broken English (2007)
- Humboldt County (2008)
- Abandoned (2010)
- Queen of the Lot (2010)
- The Between (2013)
- Cold Turkey (2013)
- The Tell-Tale Heart (2014)
- You Are Here (2014)
- Pearly Gates (2015)
Libros
- 1961: The Cinema of Orson Welles
- 1962: The Cinema of Howard Hawks
- 1963: The Cinema of Alfred Hitchcock
- 1967: John Ford (expanded 1978)
- 1969: Fritz Lang in America
- 1970: Allan Dwan: The Last Pioneer
- 1973: Pieces of Time (estendido en 1985)
- 1984: The Killing Of The Unicorn - Dorothy Stratten 1960-1980]]. William Morrow and Company; ISBN 0-688-01611-1.
- 1992: This is Orson Welles. HarperPerennial; ISBN 0-06-092439-X.
- 1995: A Moment with Miss Gish. Santa Barbara: Santa Teresa Press.[7]
- 1997: Who The Devil Made It: Conversations with Legendary Film Directors. Alfred A. Knopf; ISBN 0-679-44706-7.
- 1999: Peter Bogdanovich's Movie of the Week.
- 2004: Who the Hell's in It: Conversations with Hollywood's Legendary Actors. Alfred A. Knopf; ISBN 0-375-40010-9.
Nota
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.