From Wikipedia, the free encyclopedia
A capoeira é unha expresión cultural afrobrasileira orixinada no Brasil, que engloba diversas facetas. A máis coñecida é a da arte marcial ou loita, aínda que o resto son igual de importantes: a vertente musical, de expresión corporal, a faceta oral e lingüística, e a faceta tradicional. A capoeira é unha forma de expresarse.
Existen varias teorías en relación á orixe da palabra capoeira. Unha delas ven establecida pola lingua guaraní, onde caápuêra (caá = campo, matogueira; puêra = que xa foi) dá lugar a capuíra, capoêra e capoeira. Segundo algúns estudosos, a palabra capoeira designaría un tipo especial de gaiolas, usadas no transporte de aves (capóns), que eran conducidas por escravos ós mercados. O termo estenderíase das gaiolas ós escravos. Segundo os defensores desta hipótese, mentres agardaban a chegada dos comerciantes, os escravos divertíanse na práctica da súa arte-loita, pasando tamén a denominarse igualmente baixo ese termo (capoeira). Tamén denominaba así ó lugar despexado dun bosque onde se practicaba este deporte.[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.